Os institutos Marco do Camballón, de Vila de Cruces, e do Milladoiro, en Ames, recibiron o premio Antonio Fraguas, na modalidade de educación secundaria, polo proxecto didáctico Ao son da oralidade. O noso patrimonio. Os dous centros desenvolven este plan dende hai dous cursos, e seguirán con el pra o que vén. O premio son 7.000 euros, e terán que montar, tamén no próximo ano, unha exposición no Museo do Pobo Galego, en Santiago. O traballo consiste en que o alumnado recolla narracións e poesia oral entre os familiares e veciños, para despois reinterpretar ese patrimonio inmaterial mediante vídeos. Préstase especial atención ao patrimonio oral como o Entroido da Ulla e a súa relación con repentismos como a regueifa, os brindos ou as bombas. O proxecto contempla a elaboración de mapas de improvisación oral en Galicia ou no mundo e unha revisión das regueifas que recolleu nos anos 80, en Sabrexo, Dorothé Schubart.