Silencio... ródase

Alumnado do IES Marco do Camballón elabora un documental sobre a recollida que fixo a musicóloga Dorothé Schubart de cancións populares na parroquia de Sabrexo

Alumnado que participou na grabación do documental en Sabrexo.   | // CLUBE DA LINGUA

Alumnado que participou na grabación do documental en Sabrexo. | // CLUBE DA LINGUA / Salomé Soutelo

Salomé Soutelo

Salomé Soutelo

En novembro, o claustro do Museo do Pobo Galego acollerá unha exposición do proxecto Ao son da oralidade. O noso patrimonio. Da pedra á palabra. Da prehistoria ao século XXI, posto en marcha entre os institutos do Milladoiro e Marco do Camballón e que os fixo merecedores, en xuño do ano pasado, do premio Antonio Fraguas. Precisamente o galardón, ademais dos 7.000 euros en metálico, levaba aparellada esta mostra.

Fluviatilis organiza unha exposición sobre especies invasoras
O instituto Marco do Camballón acolle dende o día 6 e ata o 18 a mostra Unha invasión silenciosa. A biodiversidade sobre ameaza. A exposición está organizada por Adega, dentro do proxecto Fluviatilis e coa que quere demostrar os perigos ao que se enfrontan os ecosistemas fluviais tralo asentamento de especies foráneas. Fluviatilis conta co apoio do Ministerio para la Transición Ecológica.

Fluviatilis organiza unha exposición sobre especies invasoras O instituto Marco do Camballón acolle dende o día 6 e ata o 18 a mostra Unha invasión silenciosa. A biodiversidade sobre ameaza. A exposición está organizada por Adega, dentro do proxecto Fluviatilis e coa que quere demostrar os perigos ao que se enfrontan os ecosistemas fluviais tralo asentamento de especies foráneas. Fluviatilis conta co apoio do Ministerio para la Transición Ecológica. / Salomé Soutelo

O instituto cruceño encárgase da sección de oralidade e doutras intervencións, como o patrimonio dos petróglifos e a súa vinculación con outra publicación anterior do centro, Tattoos da Galiza. Dende Vila de Cruces tamén viaxará a Compostela un mapa xigante, o Mapa dos Tesouros de Vila de Cruces, como explica o docente Sechu Sende.

Así, no Museo do Pobo Galego poderán contemplarse contidos sobre oralidade e regueifa (que é materia optativa no Camballón dende hai varios cursos), e tamén sobre o Entroido do Ulla. Hai que lembrar que no curso pasado este centro educativo fixo un estudo sobre a pervivencia dos nomes de Soult e Ney, dous mariscais francés, como nomes para os cans.

Pero nesa exposición tamén haberá un documental, que leva por nome Do aturuxo ao autotune. Este luns, un grupo de 20 alumnos e alumnas da materia de Oralidade de terceiro de Secundaria desprazouse á parroquia de Sabrexo, onde hai máis de corenta anos, en 1980, a musicóloga Dorothé Schubart recolleu varias canciósn populares. A tamén compositora suiza xa percorrera boa parte de Galicia nos anos 70, recompilando e transcribindo xunto ao filógo Antón Santamarina milleiros de melodías e textos para o Cancioneiro Popular Galego. En Sabrexo, Schubart entrevistou a tres veciños, Oliva, Presentación e Ramón, que interpretaron para ela diversas composicións populares. Antonte, con Nerea Fiúza Mosquera detrás da cámara, o estudantando cruceño comezou a grabar o documental.

Nesta primera parte recréase esa visita de Schubart a terras cruceñas. O alumnado estivo acompañado por un compañeiro que é desta parroquia de Sabrexo, e recreou esa entrevistacos tres veciños. Houbo tamén tempo para volver poñerlle voz a un deses temas, Unha pera, dúas peras, que hoxe en día segue a cantarse moito nas festas dos instituto, nas celebracións dos fogares ou nos grupos de pandeireta, como se explica no documental. Unha das alumnas tamén se atreveu con esta regueifa: “Aquí estamos, compañeiras/estámolo a pasar ben/recordando en Sabrexo/recordando en Sabrexo/ á amiga Dorothé”.

A seguinte sesión de rodaxe xa será na radio do instituto, para ver a influencia do cancioneiro popular en artistas contemporáneos como Xabier Díaz, Mondra, Sés ou As fillas de Casandra.