Vila de Cruces organiza catro actividades de fomento da lectura

O Concello de Vila de Cruces organiza durante setembro unha serie de actividades para fomentar a lectura e que forman parte de Ler conta moito. Celebraranse todos os venres ás 18.00 horas na biblioteca municipal.A programación comezará o día 8 con ‘A Naturoteca: Xogo teatral con elementos naturais”. O día 15 será o turno de ‘1, 2, 3 A Contar Trémola: A gran aventura dos animais’, o día 22 ‘Carballiños: Voando libres’ e o día 29 ‘A nube de Artear: E non quero’.