Síguenos en redes sociales:

Cerdedo-Cotobade informa a setenta desempregados dos procesos para selección laboral

Vinte persoas en paro serán contratadas por sete meses a partir do vindeiro día 3 de abril

Técnicos da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Cerdedo-Cotobade mantiveron unha xuntanza informativa cuns setenta veciños en situación de desemprego que foron incluídos polo Servizo Galego de Colocación como posibles beneficiarios dos contratos que se iniciarán o vindeiro 3 de abril coa financiación do Plan Concellos da Deputación. Será a primeira oportunidade que terán estas persoas de contar cunha das vinte prazas que saen a contratación por sete meses a partir do vindeiro día 3 de abril. Máis adiante, tamén poderán optar a outros programas de emprego a convocar ao longo do ano.

Os aspirantes terán que someterse ás correspondentes probas prácticas, baremación de méritos e criterios sociais de cada un, seguindo estrictamente as bases da convocatoria e o rigoroso proceso selectivo que garantiza a igualdade de oportunidades deseñado por la Deputación. Os candidatos deberán entregar antes deste venres toda a documentación requerida para o proceso de baremación. A vindeira semana farán unha proba práctica axeitada ás características do posto a desempeñar e nos días previos ao 3 de abril realizarase a baremación dos méritos e criterios sociais de cada participante.

Pulsa para ver más contenido para ti