na latitude do deza

O castro de Barcia, afectado polas obras no aparcamento do cemiterio

Gráfico sobre a localización do castro e o seu entorno. |   // A.P

Gráfico sobre a localización do castro e o seu entorno. | // A.P / Antonio Presas

Antonio Presas

Incomprensiblemente, nun concello que estivo a velar con regularidade durante os últimos anos pola conservación do Patrimonio Cultural e Arqueolóxico e foi o municipio da Comarca de Deza que máis loitou polo Patrimonio, están a suceder feitos contrarios a esa realidade.

Vista da zona, perto da igrexa. |   // A.P

Vista da zona, perto da igrexa. | // A.P / Antonio Presas

As obras que se realizan para a construción dun aparcamento ao lado do cemiterio de Barcia afectan direitamente á estructura castrexa e non se pode dicir que sexan unhas obras periféricas, en área de “cautela”, senón unhas obras en “área de protección integral”, que requiren informes e permisos especiais, por parte de Patrimonio, en base a prospeccións arqueolóxicas previas e con seguimento a pé de obra por parte de arqueólogos autorizados.

Obras no aparcamento.

Obras no aparcamento. / Antonio Presas

A fotografía aérea de 1956, anterior as afectacións destructivas que ten sofrido este castro (cemiterio, vivenda e alpendre achegados á croa, edificación adosada a antecastro) amosa con claridade como o antecastro chegaba ata a estrada Vilatuxe-Prado, construída na década dos anos 50.

O castro de Barcia, afectado polas  obras no aparcamento do cemiterio

O castro de Barcia, afectado polas obras no aparcamento do cemiterio / Antonio Presas

Pois ben, as obras de construción dun aparcamento ao lado do cemiterio de Barcia son unha continuación das agresións destructivas que padeceu este asentamento castrexo desde 1959, cando se aplanou dentro do antecastro e destruindo parte do terraplén da croa, un espazo de 543 metros cadrados para cemiterio parroquial. Daquela as obras non estaban sometidas a unha Lei de Patrimonio Histórico (Lei 1985), como sucede na actualidade, polo que esta irregular obra é contraria, non só ás propias leis, senón que vulnera o establecido no PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) vixente.

Suscríbete para seguir leyendo