TRIBUNA LIBRE

Grazas, Nani

María Carmen Pedreira

Como veciña de Vila de Cruces, quero darlle as grazas a Susana Cea Viéitez, presidenta da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vila de Cruces, pola súa adicación a dita agrupación. Por dúas veces conseguiches erguer a agrupación, unha no mandato de Jesús Otero e outra no actual mandato de Luis Taboada, acadando o obxectivo de poñela en funcionamento con grandes logros tendo en conta os poucos recursos.

Como é de ben nacidos ser agradecidos e, sobre todo, tendo en conta que a túa laboura foi de carácter voluntario, teño que recoñecer que o teu traballo desenvolveuse honestamente e, cando é vocacional, sempre se desempeña dunha maneira máis xenerosa, como foi o teu caso.

Como amiga, que saibas que che desexo todo o mellor nesta vida, pero como veciña de Vila de Cruces, considero que é de recibo agradecerche o traballo que durante estes anos levaches a cabo na agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vila de Cruces.

Grazas, Nani, pola túa laboura incondicional e altruísta.