Síguenos en redes sociales:

Recollida solidaria en Lalín o 1 de outubro en favor de O Mencer

José García organiza o 1 de outubro unha recollida solidaria en Lalín en favor do colectivo O Mencer. Trátase dunha colleita de utensilios de hixiene persoal que terá lugar nas instalacións do Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis de Lalín. A actividade ten un horario de 9.30 a 20.00 horas e prégase aos doantes que participen cos produtos de hixiene persoal que pensen que poden ser máis útiles. O obxectivo final é doar todos eles a O Mencer e que esta asociación de axuda aos necesitados poida repartilos despois entre esas persoas.

Pulsa para ver más contenido para ti