Dada a situación actual, e para "incrementar a efectividade" das medidas de control, modificarase a actual lei de caza para ampliar as modalidades de captura a outras que se adoitan empregar na caza menor, como "en man" ou "ao salto". Tamén se cambia a resolución anual de vedas para que en todos os municipios galegos se tramiten "de forma inmediata" as autorizacións cinexéticas por danos a propietarios de terreos.

Preguntadase hai enriba da mesa outras medidas de contención como vacinas anticonceptivas, Belén do Campo asegurou que xa se implementan "noutras comunidades autónomas", entre as que citou o caso de Cataluña. Pero, con todo, dixo, "o resultado non é moi efectivo". "Por iso non as imos facer", zanxou.