As lendas que se conservan en relación coas mámoas son bastante imprecisas e ata moi escasas. Neste caso concreto temos algunhas referencias:

-"Desde o Castro de Soutolongo ou Ludeiro vai unha viga, que por un lado ten alquitrán e polo outro ouro, ata a mámoa da Cima do Monte da Saborida".

-"Os mouros, cando tiveron que escapar do país a toda presa, deixaron escondidos moitos tesouros nas mámoas. Contaban volver algún día e por iso fixeron desa maneira".

A conservación de todo este patrimonio material e inmaterial resulta, a día de hoxe, e pese a todos aos avances culturais realizados e medidas legais tomadas, case imposible de preservar. Somos uns malos propietarios dunha herdanza de tanta grandeza, que non somos capaces nin de entender nin de valorar debidamente.