-¿Por qué a xente que somos allea a ese mundo tendemos a vincular as cooperativas cos partidos políticos?

-Cada un tén o seu cartel. Eu non podo renegar de que fun edil, e Manuel Fernández é concelleiro do PP. Coa política hai que convivir, pero iso non quere dicir que haxa manipulación dos partidos na cooperativas. A min nunca se me marcou unha directriz desde un partido político. No Rodo hai un consello rector e alí cabemos todos.

-¿Tén pensado volver á política local?

-Non. Unha persoa que marcha é raro que volva. Foi suficiente con 8 anos para vivir a experiencia tanto dende a oposición como dende o goberno, e cada unha das situacións deixa as súas impresións.

-Vostede formou parte do primeiro goberno de coalición e de esquerdas de Rodeiro, entre o 2007 e o 2011. ¿Cre que é posible que se volva dar a situación dun goberno de esquerda?

-Eu coido que si. En cada elección, a cousa sempre andou moi xusta en cuestión de votos entre os que consegue o PP e os que acadan as distintas forzas de esquerda.