Silleda xa loce as palabras máis fermosas
Ducias de veciños asisten á inauguración do mural na rúa Emilio Alonso, promovido por Olaia co gallo do Día das Letras Galegas

O novo mural da rúa Emilio Alonso Paz foi inaugurado onte á tardiña cun acto público ao que asistiron numerosos veciños. // Bernabé/Javier Lalín
XAN SALGUEIRO | SILLEDA
Son as palabras máis fermosas do galego -alomenos, 113 delas, se non fallan os cálculos- e, entre elas, rostros de persoeiros destacados pola súa defensa da cultura propia mestúranse en multitude de tonos sobre vermello nun mural que xa pode contemplarse rematado na rúa Emilio Alonso Paz, de Silleda. Ducias de persoas acudiron á súa inauguración, onte á tardiña, nun acto no que un grupo de gaiteiros interpretou o Himno Galego, no que houbo recital poético e que rematou cun pequeno convite.
As caras recreadas corresponden aos artistas silledenses Antón Alonso Ríos, Manuel Colmeiro e Marisa Soto, ao cruceño Xosé Neira Vilas e a galegos tan universais coma Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Rosalía de Castro e Roberto Vidal Bolaño, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas. De feito, entre as palabras quedan ocos para poder ir engadindo autores homenaxeados nos vindeiros anos.
A iniciativa está a ter unha excelente acollida por parte da veciñanza e dos visitantes desde o mesmo día en que Lucía Ares Fondevila e Antonio González Abal, os seus autores, comezaron a pintar o muro, de vinte metros de longo e propiedade dun particular que o cedeu gustoso para tal motivo. Foron moitas as persoas que nestes días se detiveron a ler algunha das súas palabras, a comprobar se descubrían algún gazapo -os autores confesan un-, a adiviñar a quen corresponden os rostros ou polo mero pracer de contemplar unha obra de arte en plena rúa.
A directiva que preside Maricarmen Midón, mostrábase "moi contenta" pola acollida popular dunha iniciativa que abrangue dous dos principais obxectivos polos que vén apostando Olaia: A promoción, a posta en valor e a defensa da lingua galega e a humanización e embelecemento de Silleda. "Cremos que este vai ser un fermoso e didáctico referente que distinguirá á nosa vila e contribuirá á promoción turística do Concello de Silleda", valoran desde o colectivo.
- Última hora en Galicia: sin luz al menos hasta la noche en una jornada de caos total en la comunidad
- Una camarera tras probar de la botella que abrasó al empresario Pablo González: «Esto no es agua»
- La Xunta suspende las clases y Galicia eleva a 3 el nivel de emergencia: cede al gobierno estatal la gestión de la crisis energética
- España, paralizada por un insólito apagón de luz de origen todavía desconocido
- Belleza perruna: estas son las 10 razas de perro más bonitas que existen
- ¿Qué había en la consumición de Pablo?
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- En directo | El Gobierno pide limitar desplazamientos y un uso responsable de las comunicaciones