A poeta María Álvarez Martínez, Masha, gaña o Victoriano Taibo con “Dakota”

María Álvarez Martínez.  | // CEDIDA

María Álvarez Martínez. | // CEDIDA / REDACCIÓN

R.V.

O xurado do XV Premio de Poesía Victoriano Taibo, que organiza o IEM en colaboración co Concello de Gondomar e coa Editorial Galaxia, resolveu por unanimidade que o gañador desta edición sexa o poemario presentado baixo o título “Patios” e firmado pola poeta María Álvarez Martínez, coñecida como Masha, po constituir “unha audaz xeopoética do desarraigamento onde se destaca a memoria da infancia e os lazos familiares”. O tribunal destaca a súa “acertada descrición da saudade” e o seu “profundo lirismo”.

Masha recollerá o galardón en marzo e a obra será publicada baixo o título “Dakota”. Antes da gala de entrega, a autora impartirá un obradoiro de poesía.