O escritor Fran Fernández Davila gaña o premio de novela curta Antón Risco

Fernández Davila. | // M.G. BREA / Redacción
R.V.
O premio de novela curta Antón Risco da Fundación Vicente Risco de Allariz recaeu este ano no escritor vigués afincado en Nigrán Fran Fernández Davila pola obra titulada “Primavera. A camareira, o cuarto e o libro de poemas”. O galardón está dotado con 3.000 euros e inclúe a publicación do traballo no selo editorial Doutor Alveiros.
Así o acordou o xurado do certame, que salientou o “lirismo, ritmo e musicalidade da súa prosa, así como a curiosidade que suscita en quen a le.” O tribunal considera que “a obra amosa unha gran sensibilidade tanto no relativo á situación social que reflicte coma cara á literatura como elemento curativo”. E incide en que os personaxes están ben perfilados, especialmente o protagonista.
O autor acadou recentemente o premio do certame literario Rosalía de Castro do Concello de Padrón co poemario “Konpostela”. Con anterioridade gañou o Premio de Poesía Victoriano Taibo que convocan o Concello de Gondomar, o Instituto de Estudos Miñoráns e a Editorial Galaxia. A súa última publicación é a novela “O bosque do duque” (Galaxia, 2022).
- «Sin calefacción estamos todo el año a 21 ºC»
- Descarrila un tren de mercancías cargado de toneladas de acero en As Neves
- Mercadona denuncia la venta desde Bueu de pescado que debía destruirse
- Los dueños del colegio Atalaya deben devolver 180.000 euros que les prestaron 5 docentes por hacerlos indefinidos
- El primer ‘coliving’ de la ciudad estará en Bouzas y tendrá gimnasio y piscina
- ¿Cuál es el mejor día para ver las luces de Navidad de Vigo? Estos son los de mayor y menor afluencia
- La seta que quería ser sombrero mexicano
- Mueren en la misma semana los padres de Mari Carmen, la tripulante desaparecida en el “García del Cid”