O poeta Javier Rodríguez recolle o premio Victoriano Taibo pola obra “Xeración”

O poemario constitúe “un manifesto contra a cultura da cancelación”, segundo o xurado

Javier Rodríguez recibu o premio do alcalde, Paco Ferreira, á esquerda, e do director do IEM, Juan Hermida, á dereita.   | // A. VILLAR

Javier Rodríguez recibu o premio do alcalde, Paco Ferreira, á esquerda, e do director do IEM, Juan Hermida, á dereita. | // A. VILLAR / Redacción

R.V.

“Constitúe a crónica dunha xeración que se trascende a si mesma, chegando a expresar un auténtico manifesto contra a cultura da cancelación”. Así describe o xurado do XIV Premio de Poesía Victoriano Taibo, a obra gañadora, “Xeración”. O seu autor, o poeta ourensán Javier Rodríguez González, recolleu onte no auditorio Lois Tobío de Gondomar o galardón, dotado con 4.000 euros, a publicación da obra por parte de Galaxia e unha escultura de Fino Lorenzo.

O acto volveu reivindicar un Día das Letras para Victoriano Taibo da man dos organizadores: Instituto de Estudos Miñoráns, Editorial Galaxia e Concello de Gondomar.