Síguenos en redes sociales:

Formación

Salvaterra aprende a mercar mellor e gaña competencias dixitais

O luns 6 de novembro, charla sobre consumo responsable e o venres 24, formación dixital para o emprego

Salvaterra aprende a mercar mellor e gaña competencias dixitais

O Concello de Salvaterra de Miño mantén abertas as inscricións para a formación presencial “Competencias Dixitais para o Emprego”, do Plan Corresponsables de Femupo dirixido a mulleres e homes dende os 16 anos. Celebrarase na Casa do Conde o venres, 24 de novembro, de 10.00 a 13.00 horas. Inscricións no correo electrónico comunicacion@concellodesalvaterra.org ou no teléfono 629 770 177.

Antes, o luns 6 de novembro, ás 18.00 horas, charla aberta á cidadanía na Casa Cultura de Salvaterra sobre “Consumo responsable e decisións de compra: presos, etiquetado…”.

Pulsa para ver más contenido para ti