Síguenos en redes sociales:

Infancia

Vontade realiza terapias con menores do Baixo Miño baseadas no xogo

A asociación complementa o servizo de atención temperá con terapia ocupacional

Vontade realiza terapias con menores do Baixo Miño baseadas no xogo

Na Mancomunidade do Baixo Miño, existe o recurso de atención temperá para menores de 6 anos, este conta con profesionais das áreas de psicoloxía, logopedia e fisioterapia. Dende a asociación sen ánimo de lucro Vontade apoian e complementan este recurso poñendo a disposición das persoas usuarias o servizo de terapia ocupacional. Por outra banda, e gracias a a cofinanciación da Xunta de Galicia, no centro de recursos Vontade, cóntase con profesionais da psicoloxía e do traballo social entre outras, para poder dar continuidade ás terapias unha vez que os nenos acaden os 6 anos de idade.

A súa base fundaméntase en ofertar unha atención especializada á infancia que presente dificultades do desenvolvemento ou con risco de padecer discapacidade. Búscase acadar a máxima autonomía da cativada que acode ao servizo e realizar un acompañamento psicosocial e de asesoramento ás súas familias, sen deixar de lado a importancia da sensibilización e concienciación social, actividade fundamental para acadar unha cultura inclusiva.

Tódalas terapias que se ofertan dende Vontade, realízanse dende unha metodoloxía baseada no xogo, e trabállase de maneira coordinada, entre as profesionais e os diferentes axentes sociais, destes, destaca a coordinación cos centros educativos, para así poñer en concordancia as liñas de actuación e acadar mellores resultados.

X Solidaria

Dende Vontade, agradecen a todas as persoas que marcaron, marcan e marcarán a X Solidaria na declaración da renda, no recadro “Actividades de interese xeral consideradas de interese social”, xa que grazas a elas pódense realizar e dar continuidade a proxectos desta índole e asegurar desta maneira, obxectivos como o de fomentar o acceso a servizos especializados en zonas rurais. Tamén animan a seguir facéndoo, xa que moitas das persoas que acoden a servicios cofinanciados por esta iniciativa, non poderían acceder a unha vida digna sen un apoio externo.

Vontade nace en 2003 ante as necesidades comúns de servizos especializados demandados por persoas con discapacidade da comarca do Baixo.

Pulsa para ver más contenido para ti