Síguenos en redes sociales:

Tomiño

Polo verán... científicas e científicos

Polo verán... científicas e científicos

O campamento urbano de Tomiño este verán foi sorprendente. Ademais de facilitar a conciliación familiar, ofreceu unha actividade novidosa e moi atractiva para máis dun cento de cativas e cativos que participaron, tanto de Tomiño coma dos arredores. No instituto Antón Alonso Ríos, polas mañás, os asistentes, divididos en grupos por idades (de 3 a 14 anos), pasaron cada día por distintas actividades. Houbo unha parte científico-tecnolóxica, quizais a máis novidosa e atractiva, na que nenas e nenos construíron robots tipo Lego e os programaron por ordenador para ser autónomos, andar, xirar, detectar obxectos, distinguir cores, executar ordes por voz. Aprenderon tamén deseño e programación 3D, aeromodelismo e, na segunda semana, foron capaces de construír drons e pilotalos.

Polo verán... científicas e científicos

Pulsa para ver más contenido para ti