Síguenos en redes sociales:

campamentos

Nenos de Baiona visitan a praza de abastos

Fano nas saídas programadas dentro da iniciativa de conciliación “Escola de Verán”

Nenos de Baiona visitan a praza de abastos

O grupo de nenos participantes na “Escolla de Verán” do Concello de Baiona fixeron esta semana unha visita á praza de abastos da vila para coñecer o seu funcionamento. Moi atentos escoitaron as explicación dos propios comerciantes que teñen alí os seus negocios cos cales despexaron algunhas das incógnitas sobre o funcionamento do mercado municipal e incluso participaron nunha cata improvisada de queixos degustando así o produto local.

Esta actividade está enmarcada na programación da escola que deseñou unha serie de accións de ocio e tempo libre para que os máis pequenos coñezan distintos lugares da localidade na que residen. Así, xunto coas diferentes actividades que se desenvolven nas instalacións do CPI Cova Terreña fanse diferentes saídas. Logo da visita praza de abastos están programadas outras ao museo flotante da Carabela Pinta e á Casa da Navegación

Facilitar ás familias a conciliación laboral e persoal en época estival é o obxectivo co que a Concellería de Igualdade organiza estes campamentos de verán.

Pulsa para ver más contenido para ti