Síguenos en redes sociales:

O Festival de Cans volverá a acoller o concurso “Pintar o Cine”

O Festival de Cans volverá a acoller o concurso “Pintar o Cine”

O Festival de Cans acollerá por segunda vez o concurso “Pintar o Cine”. A actividade terá lugar no Porriño, na contorna da praza do Concello, o xoves 2 de setembro.

Os participantes pintarán unha obra in situ para desfrute do público, que deberá conter unha escena dunha película coñecida e que inclúa a silueta do can de Cans. As persoas interesadas poden inscribirse, ata o 15 de agosto, enviando un correo electrónico a pinturarapida@festivaldecans.com. As 10 propostas finalistas serán elixidas por unha comisión de persoas da organización do festival e entre estas un xurado outorgará un primeiro e un segundo premios dotados de 400 euros e 200 euros, respectivamente, ademais dunha estatuíña en pedra realizada polo artesán local Paco Candán.

Pulsa para ver más contenido para ti