Cambados festexa o galego con música, cancións e poemas

Oito centros educativos participan no tradicional acto escolar da Calzada | Hoxe é a ofrenda floral e o concerto da Banda

Un momento do evento de Cambados

Un momento do evento de Cambados / Noe Parga

Alumnos de oito centros educativos déronse cita a mediodía de onte no Paseo da Calzada para participaren no acto escolar organizado polo Concello de Cambados con motivo do Día das Letras Galegas.

Sobre un palco colocado ao carón do monumento ao poeta Ramón Cabanillas, os estudantes foron recitando poemas, lendo textos e mesmo interpretando cancións tradicionais.

Xunto a eles repousaban os murais que confeccionaron durante as últimas semanas nos seus colexios, e adicados todos eles a Francisco Fernández del Riego, o intelectual lugués ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.

Numerosos estudantes déronse cita na Calzada. |  // NOÉ PARGA

Numerosos estudantes déronse cita na Calzada. | // NOÉ PARGA / A.Martínez

O acto escolar de Cambados é un dos máis multitudinarios da comarca, posto que congrega a case todos os centros educativos do municipio. Onte estiveron alumnos e profesores da escola de infantil da Pastora, dos colexios de Primaria San Tomé, Antonio Magariños, Henrique Barreiro, A Merced e Corvillón, e dos dous institutos da localidade, o Francisco Asorey e o Ramón Cabanillas.

Este evento é o preludio dos actos de hoxe. A mediodía, as autoridades municipais farán a tradicional ofrenda floral a Cabanillas, tamén no Paseo da Calzada. Posteriormente, ás 12.30 horas, a Banda de Música de Castrelo dá o seu concerto das Letras, otra cita xa de costume por estas datas. A actuación é no parque de Torrado.

Suscríbete para seguir leyendo