A morte de Parada deixa un grande oco na defensa da navegación e cultura tradicional
Un infarto acabou coa vida do considerado “patrón de patróns”
A defensa da cultura e da navegación tradicional galega perdeu nas derradeiras horas a un dos seus principais activos. A morte de Juan Manuel García Parada aos 61 anos está sendo un golpe moi duro para un colectivo que xa está artellando a maneira de homenaxear a súa figura de cara os vindeiros meses.
Parada foi un dos fundadores da Escola de Navegación Tradicional na Illa, o seu lugar vital. Destacou de sempre pola sua laboura en prol da formación e o recoñecemento do propio, do galego.
Boa persoa, gran conversador e patrón de patróns. Esas foron algunhas das expresións onte dos seus coñecidos e amigos tras coñecerse o seu pasamento por mor dun infarto. Un mariñeiro dos de verdade que sempre navegou sobre madeira.
Temas
Pulsa para ver más contenido para ti
Más en Arousa
-
Crimen de Vilaxoán: un cóctel de viejas rencillas, violencia y drogas
-
“Os composteiros vanse estender xa ao Castriño, A Lomba e Trabanca Badiña”
-
Arosa reclama una solución para las antiguas casas de los maestros del Torre-Illa
-
Ravella ya tramita la licencia del centro de salud y urge a la Xunta que licite la obra
Comentarios
Ver comentarios