SUPERCOPA

Retorno a unha longa noite de pedra

Trinta anos despois da morte de Celso Emilio Ferreiro as súas denuncias seguen máis vixentes ca nunca

 
Ofrenda floral sobre a tumba de Celso Emilio Ferreiro ubicada no cemiterio de San Breixo, en Celanova.  // Jesús Regal
Ofrenda floral sobre a tumba de Celso Emilio Ferreiro ubicada no cemiterio de San Breixo, en Celanova. // Jesús Regal 

Os tempos escuros que combateu Celso Emilio Ferreiro nunca deixaron de axexarnos, a xulgar pola intermitente contemporaneidade que os expertos outorgan aos seus textos. Os problemas medioambientais, a situación do campesiñado, o aumento do paro, as continuas guerras ou o eterno recurso á emigración, que o celanovés denunciaba coa súa poesía e artigos xornalísticos, seguen a ser froito da máis candente actualidade. Asimesmo, trinta anos despois da súa morte, Celso Emilio Ferreiro non abandona a súa faceta de inspirador para transformar a realidade.

IVÁN XIL - OURENSE A celebración do trinta cabodano de Celso Emilio Ferreiro, que levará a cabo a asociación Arraianos en Celanova, será unha fonte de reactualización, a xeito de lectura dramatizada fronte a tumba do poeta, das atinadas críticas que plasmou nos seus artigos xornalísticos publicados en FARO.

Malia que xa pasaron preto de seis décadas –a sección "La jaula de los pájaros raros" data dos anos cincuenta– as problemáticas que arroutaban ao poeta son tan trasladables á actualidade como as consecuencias sociais que acarreaban.

As agresións medioambientais, a situación do campesiñado, as guerras imperialista e, en definitiva, a profundización das desigualdades sociais e o eterno recurso á emigración, seguen a ser algúns dos males endémicos que acompañan a nosa contemporaneidade.

Só é preciso abrir ao azar algún dos seus libros e porse a ler, comenta Luis Ferreiro, fillo do escritor. Os conflitos laborais do leite e do metal, o incremento do paro, as discordias arredor da lingua ou as invasións de Irak e Afganistán, son algunhas das semellanzas que Luis Ferreiro sinala e que se concretan en clásicos como "Monólogo do vello traballador" ou "Lingua proletaria do meu pobo".

A pesares de todo, o irredimible optimismo antropolóxico de Celso Emilio Ferreiro axudouno a abstraerse da efemeridade do presente para chegar a obter unha visión global e conxunta da historia, que o afastou do sinxelo recurso á resignación. Para él, os períodos escuros ían e viñan, mais representaban pequenas lagoas na irredenta historia do pobo galego, dende as nosas orixes célticas, ata a implosión das corredurías irmandiñas, protagonistas primixeneas das revolucións sociais que derrocaron a Europa feudal.

Arma de transformación

O que máis sorprende aos estudosos da figura do escritor que abriu as corredoiras da poesía de combate é a versatilidade e naturalidade coa que os seus versos se adaptan a diferentes estilos musicais e movementos sociais. A última recopilación cifra en máis de 300 as cancións baseadas en versos de Celso Emilio Ferreiro, o que o convirte no poeta máis musicalizado da historia, dende o hip hop ata o fado, pasando polo rock e o punk. "A xente busca o que quere dicir e de xeito natural atópanse con que Celso Emilio condensa os seus anceios", explica Luis Ferreiro.

O que está claro é que os textos do poeta celanovés son unha arma de transformación social que plasma no papel a descrición da máis dura realidade.

A oposición nacionalista en Celanova, tan só tímidamente comparable coa determinación reivindicativa do "poeta social", tamén participará, anque dende a cadeira dos espectadores, no acto conmemorativo organizado pola asociación Arraianos. Afonso Grande, responsable comarcal do BNG, coincide con Celso Emilio en que o reartellamento do agro é un dos puntos fundamentais para combater o paro e, deste xeito, e emigración. A "potenciación da produción propia e das industrias de trasformación da comarca" son as bases do modelo económico que defenden os nacionalistas, máis alá "do invenstimento de centos de millóns na rehabilitación do mosteiro para que logo o explote unha cadea hoteleira privada".

Homenaxa arraiana

A asoaciación Arraianos adicará a xornada do vindeiro domingo 29 de agosto a homenaxear a figura de Celso Emilio Ferreiro, co gallo de seu trinta cabodano. Asimesmo, tampouco faltará a lembranza aos fusilados durante a Guerra Civil, que eran "paseados" dende a cárcere franquista que ocupaba as dependencias do mosteiro de Celanova, ata o monte do Furriolo. Neste emplazamento, a asociación colocou hai tres anos un mural deseñado polo creativo de Sargadelos, Xosé Vizoso, e que servirá como escenario para a lectura de poemas que realizarán Xosé Luis Méndez Ferrín, Anxo Angueira, Baldo Ramos e membros do colectivo Redes Escarlata.

Durante a tarde, os actos de homenaxe trasladaranse ao cemiterio de San Breixo, onde se atopan os restos mortais de Celso Emilio Ferreiro, para levar a cabo unha ofrende floral, un recital poético a cargo de Manuel Vilanova e Victor Campio, así como unha lectura dramatizada dos seus artigos xornalísticos. A velada estará amenizada musicalmente e rematará cun diálogo poético de Moncho Nicolás, experto en Celso Emilio.

  HEMEROTECA
Síguenos en...
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya