Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"A Xunta debería aportar máis aos conservatorios"

-Para un músico de Lalín ten que ser un orgullo poder traballar no seu conservatorio.

-Si, claro. Eu lévoo con cariño e con orgullo porque sempre digo que saín de aquí e estar aquí de novo é algo que mefai moita ilusión, sobre todo polo empeño de sacar esto adiante, de levalo a bo porto, e de aportar a un proxecto que naceu grande e que ten a súa responsabilidade. Non é un traballo sinxelo, pero estou con Cheíto, que é o director, e traballar con él é toda unha ledicia.

-Faille falta un salto de calidade ao conservatorio?

-Este é un asunto que dá para largo pola situación delicada na que están os conservatorios municipais. Atopámonos nunha especie de terra de ninguén onde prácticamente só contamos co apoio económico dos concellos, os concellos tamén están en situacións moi delicadas, e aínda que non o estén non somos unha competencia propia dos concellos. Estamos nunha situación bastante inxusta porque a Xunta debería aportar máis porque ao final nos está esixindo o mesmo que aos conservatorios de Pontevedra, A Coruña ou Vigo, aos que lles costea absolutamente todo. Dalgún xeito sentimonos marxinados.

-Cál é o principal valor do conservatorio lalinense?

-Sempre digo que tén grandes fortunas. Prácticamente temos a plantilla dunha banda e dunha orquesta cuberta con profesores de gran prestixio e un amplo alumnado porque vén xente de Chantada, Ourense ou Pontevedra. Tamén temos a fortuna de vivir nunha zona de gran tradición de bandas, e iso aporta moitísimo á formación dos rapaces. Falando con compañeiros de cidades cóntanme que se nota moitísimo os rapaces que participan en bandas e os que simplemente están nas súas casas e van ás clases sen ter ese contacto porque o que fai a un músico é tocar.

Compartir el artículo

stats