Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

entrevista | UXÍA BLANCO

"A emigración é o Oeste do pobo galego"

A actriz galega dirixe e protagoniza "Querido Tomás", unha curtametraxe baseada nun relato de Xosé Neira Vilas. Ven de presentala na cuarta edición do Festival Primavera do Cine de Vigo

Uxía Blanco, nunha imaxe para a curta "Querido Tomás".

Hoxe (18.15 horas, museo MARCO) será a terceira proxección da curta "Querido Tomás", unha produción de Uxía Blanco, Aba Filmes e Piruleta Vermella, rodada parcialmente en Touro (A Coruña), o pobo natal da actriz.

-Como xurdiu a idea de facer esta curtametraxe baseada nun relato de Xosé Neira Vilas?

-Xosé Neira Vilas, cada vez que me vía dicíame: "Tés que facer un monólogo do libro 'Querido Tomás' porque tí es a miña Sariña". Un día que ía visitalo a súa casa en Grés, decidín polo camiño facerlle unha proposta: "Se ti queres, facemos unha curtametraxe baseada no libro, pero ti tés que sair como actor". É aí empezou todo.

-A emigración é o tema principal, como "Sempre Xonxa" (1989), a túa primeira longametraxe. O tema atraete especialmente?

-Non sinto especial atracción polo tema da emigración pero conta moito na nosa história. A emigración é o Oeste do pobo galego. E mira tí cantas películas do Oeste fixeron os americanos!

-É certo que Neira Vilas pediuche con anterioridade que encarnaras algun dos seus personaxes literarios?

-A miña relación con Neira Vilas foi un frechazo desde o primeiro momento. Houbo un tempo no que eu ía ser a mestra na pelicula baseada no seu libro "Memorias dun neno Labrego". Xa choveu! Outra colaboración con Neira Vilas é un libro-disco que Galaxia acaba de sacar a lúz: " Pan, Nai, Lar ". Escoitase a miña voz lendo os textos de Nai, que son duna belleza extrema.

-Ista curta é un paso para a dirección de longametraxes?

-Vou paso a paso. Teño varios guións escritos, algúns de largos, pero quén sabe o que nos depará a vida. Eu siempre teño mil proxectos. De momento, estrearei otra curta o próximo mes.

-Foi unha dificultade engadida exercer de directora e actriz ao mesmo tempo?

-Claro que é unha dificultade engadida estar dos dous lados da cámara, pero tiven unha equipa estupenda empezando por la miña entrañable amiga e cineasta Fina Casalderey.

-Como foi traballar con Fina na pantalla e na preparación do guión?

-Traballar con Fina é unha experiencia única, positiva, de sumar sempre. Unha muller intelixente, traballadora e xenerosa, auténtica... Un luxazo.

-Qué percorrido terá o filme despois da súa exhibición en Vigo?

-Galaxia está interesada en vela pelicula e espero que despois teña un percorrido por institutos, universidades, colexios, centros galegos do mundo? Ademáis do seu percorrido por festivas. No Festival Internacional de Cine de Braga, "O Bragacine", déronnos o premio a mellor interpretación feminina.

-Cambiará dalgún xeito a túa relación co mundo da cultura logo de ser elixida na lista municipal do PSOE en Vigo?

-Eu siempre estiven vinculada ó cinema e seguirei estandoo. Non tiven que negociar isto porque o alcalde está totalmente dacordo. Desde a área que me encomenden -que aínda non sei cal vai ser porque a toma de posesión é o día 13- o que soño é contribuir para que a xente de Vigo gañe en calidade de vida.

Compartir el artículo

stats