García Teijeiro presenta “Os ecos do vento” no Día da Poesía

A libraría Cartabón acolleu onte, no Día da Poesía, a presentación do poemario de Antonio García Teijeiro “Os ecos do vento” (Kalandraka). A obra conta cos versos ilustrados por Noemí Villamuza que homenaxean a doce mulleres creadoras, poetas ou narradoras de diferentes xeracións e procedentes de ámbalas beiras do Atlántico, creando así “unha ofrenda lírica, sensible e sincera”. No acto, os escritor vigués, colaborador de FARO DE VIGO, estivo acompañado pola profesora e crítica literaria Alba Piñeiro e polo ilustrador Xosé Cobas.