¿Un 8-M contra un “retroceso” social?

Referentes de diferentes eidos critican que os pasos cara a igualdade de dereitos entre homes e mulleres se estancaron ou mesmo recúan

Dan exemplos de como son ninguneadas sobre os escenarios, nas empresas ou tras recibir galardóns

Hai homes que seguen a apropiarse dos seus proxectos en reunións científicas

Desde la izda. arriba: Chus Villar, Teresa Táboas, Elena Vázquez, Melania Cruz y África González; abajo: Patricia Hermida, Eva Poveda, Yolanda Castaño, Elba Pedrosa, Ester Navarrete y María Ramos.

Desde la izda. arriba: Chus Villar, Teresa Táboas, Elena Vázquez, Melania Cruz y África González; abajo: Patricia Hermida, Eva Poveda, Yolanda Castaño, Elba Pedrosa, Ester Navarrete y María Ramos. / FDV

Mar Mato

Mar Mato

“Cando empecei hai dez anos con Heredeiros da Crus, dicíanme que as noivas dos músicos non podían estar no palco. Mandábanme baixar de alí”, recorda Patricia Hermida, que naquela altura e agora é a produtora executiva do grupo ademais de presidenta da Asociación Galega de Empresas Musicais. Asegura que, na actualidade, melloraron moitas cousas pero inda se sofre inmobilismo ou mesmo un retroceso.

“O ano pasado –lembra– un home estaba falando co meu socio dicindo o que non quería para un concerto. O meu socio –na produtora Dotbeat– aclaroulle que eu era a stage manager, a encargada do escenario; pero o outro señor seguía insistindo en que quería falar con el sobre cuestións técnicas. Seguen pasando estas movidas aínda que avanzamos moito”.

Nese lamento, pasado e presente aparecen soldados con ferruxe. “Cando tocaba co grupo Agoraphobia lembro estar contratadas para festivais, ir acreditadas cunha tarxeta co nome da banda e non deixarnos entrar no camerino porque pensaban que eramos unhas grupis que iamos ver a MClan. Estamos hoxe lonxe diso? Non. Sufrimos un retroceso bastante grande nos últimos anos”, denuncia Hermida.

Os episodios nos que as mulleres traballadoras seguen a ser ninguneadas pola súa condición feminina –sen ter en conta a formación, valía, capacidade ou destreza– tamén se dan no eido científico.

Plaxio de ideas na ciencia

“Hai moitos homes aínda que explican as mulleres”, denuncia a decana da Facultade de Matemáticas, Elena Vázquez, quen foi vicerreitora da Universidade de Santiago de Compostela.

Vázquez comenta que “o outro día nun encontro sobre emprendemento en Química, unha das cousas que se salientaba é como moitas veces unha muller formula unha idea ou un proxecto nunha xuntanza de varias persoas. A continuación, pasado un tempo, un home di exactamente o mesmo pero sen a educación, sen a cortesía científica, de sinalar que se suma á proposta formulada por unha muller. El o comenta como se fora idea súa e parece que, como di un home, ten outro valor. Iso dá a sensación de que o comunicaches mal. Faite sentir culpable, cando realmente é unha persoa que está copiando unha idea. Temos que rexeitar esas actitudes. Coa intelixencia natural, temos que impedir que haxa estes cuestionamentos do talento feminino”.

Eva Poveda é a directora científica do Instituto de Investigación Sanitaria (IIS) Galicia Sur. Doutora en Microbioloxía Médica –que potenciou en Galicia a investigación no VIH– impulsou a creación do Observatorio de Igualdade no IIS onde desenvolven actividades de inclusión coa perspectiva de xénero na investigación científica.

Poveda explica que “debemos de incluír a perspectiva de xénero sobre que decidimos investigar, existen características biolóxicas e sociais que diferencian a homes e mulleres e debémolo ter en conta en todo proceso de investigación”.

Tamén opina que “na ciencia necesitamos ser activas na implementación e cumprimento das políticas de igualdade. Conseguir unha representación e participación igualitaria nos comités, órgaos de decisión, en quen xenera e difunde o coñecemento científico”.

Machismo contra doutoras

A doutora Poveda confesa que non ten vivido situacións de acoso na súa carreira profesional pero “si que experimentei situacións e actitudes machistas”.

Son experiencias que pesan como unha lousa sobre as costas. Dende as institucións académicas tense traballado e trabállase pola igualdade mais África González –profesora de Inmunoloxía da Universidade de Vigo– subliña que “en las universidades entran más chicas para estudiar pero los profesores titulares y catedráticos son casi todos hombres. Esa famosa tijera no se ha mejorado mucho. Hay que buscar las razones y causas por las que las mujeres no llegan a los puestos de alto nivel”.

O mesmo acontece en Arquitectura. Para Teresa Táboas, vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectura, “hai moito camiño por andar, moita loita. Un estudo apunta que nas escolas de arquitectura hai máis mulleres ca homes estudando pero a medida que pasan os anos, os postos de dirección e as cátedras son máis para homes que para mulleres”.

Chus Villar, da galería Nordés, a única galega en ARCO, tamén o sinala na arte: “Nos postos directivos a presenza masculina é maioritaria”.

Imagen destacada
CHUS VILLAR, dirixe a galería Nordés

“Nos postos directivos na arte, a presenza masculina é maioritaria”

No caso da ciencia, África González –fundadora de empresas tecnolóxicas e expresidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía– lamenta que nas escolas e institutos “faltan referentes femininos” e que nos libros de texto hai moi poucas mulleres científicas que tampouco son coñecidas pola sociedade.

Arquitectas que sofren burlas

“A veces, el trabajo lo hacen las mujeres pero se llevan el mérito los hombres, a los que se les conceden más premios. Es la pescadilla que se muerde la cola”, engade África González.

Un exemplo claro foi o da arquitecta Denise Scott Brown (1931). A arquitecta Teresa Táboas rescata a súa historia: “Denise Scott Brown era parella de Robert Venturi. Os dous compartían despacho, deseñaban xuntos (na firma VSBA) pero a el déronlle o premio Pritzker –ano 1991) e a ela non. Ela estivo reclamándoo despois pero negáronllo”.

Táboas, que foi conselleira de Vivenda no goberno bipartito, lembra que, nunha ocasión, “o xefe de obra deume un trato de desprezo por ser muller. Eu dicíalle que algo non estaba ben e el respondía como burlándose. Era unha columna que non estaba aplomada. Eu tiña razón, comprobámolo. Son situacións ás veces violentas. Tes que reforzarte, ser dura. Non é unha fórmula que me guste pero tes que botar man diso para defenderte. Imaxino que compañeiras miñas seguirán tendo algún problema”.

Para a inmunóloga África González, habería que facer moito traballo de educación. Como exemplo, apunta que se buscas en internet a palabra “genios” en castelán aparecen Einstein, Darwin e outros científicos pero se fas o mesmo con xenias xorde unha empresa con ese nome e unhas bonecas. Para esta investigadora e profesora, esta diferenza de resultados “repercute negativamente”.

González cre que hai que actuar en todas as disciplinas, especialmente no deporte. “Hace unos años se igualó el premio en San Sebastián entre remeros hombres y mujeres. Pues los niños no ven bien que las mujeres de la Selección Española de Fútbol ganen lo mismo que sus compañeros de la selección masculina. Yo no me meto con lo que ocurra en el Real Madrid o FC Barcelona, lo que digo es que personas que representan a tu país deberían pueden ganar lo mismo. Falta mucho”, reflexiona.

Para Ester Navarretecampioa de España en maratón, récord galego e seleccionada para os Xogos Olímpicos de París– considera que nos últimos anos no atletismo foron mellorando cousas. Inda lembra cando tempo atrás foi a unha competición e o premio económico nas mulleres era menor que para os homes.

“Poco a poco se va igualando pero hay muchas cosas para mejorar”, sinala a deportista Entre elas, sinala que non se ven tantas mulleres en xerencia ou dirixindo equipos ou organizacións. No caso do atletismo, apunta que non hai moita diferencia na paga pero si se nota que hai máis do dobre de homes que de mulleres”.

Varias das mulleres consultadas consideran que debe haber leis e políticas que traballen pola igualdade, por exemplo, na conciliación familiar que segue a recaer principalmente na muller en moitos casos ou con exemplos nos que elas teñen que renunciar á súa carreira para o coidado dos fillos.

Disto último fala a escritora Elba Pedrosa. “Cando quixen reducir a miña xornada laboral para coidar dos meus fillos puxéronme todas as pegas do mundo no traballo que tiña en publicidade e tiven que deixalo. O mundo da cultura abriume a porta a desenvolver un talento agochado. Estou agradecida”, sinala. África González tamén ten presenciado como mulleres científicas aparcaron ou cesaron a súa carreira na ciencia para coidar da familia. “He visto que se ha convertido un freno a la carrera científica, que es de fondo”, recoñece.

¿E a violencia de xénero?

Peor é a situación para as mulleres con cargas familiares, que traballan e que están a pasar por unha situación de violencia de xénero. O 8-M vívese cun tirón de orellas institucional. Rosa –nome ficticio– está un pouco máis contenta agora porque atopou un fogar, unha vivenda para ela e seu fillo; pero vive con medo. Comenta que é un proceso lento, que non se ve, que custa moito.

“Te dan ayudas durante cierto tiempo, pero a veces cuesta arrancar. Debería haber un seguimiento para cada caso en ayudas, apoyo psicológico y legal. No me dieron la pulsera porque no consideraron que fuera tan grave (su expareja le ha pegado en diversas ocasiones e incluso arremetió contra el hijo de ambos), pero sí una orden de alejamiento de 200 metros. Cuando acabe la orden me dice que empezarán mis problemas. ¿Qué va a pasar? En cualquier momentos él puede venir y llevarse al niño. La patria potestad está compartida. Llevo siete años luchando para que no la tenga. El niño no pudo declarar porque tenía cinco años entonces ni le pusieron orden de alejamiento al niño ni le retiran la patria potestad”, sinala preocupada esta muller víctima da violencaia de xénero.

Para Rosa, ademais de leis sobre o papel debe haber aplicación no mundo real que entenda e axude mellor a estas mulleres para non expoñelas a riscos contra elas ou os seus fillos.


MELANIA CRUZ
ACTRIZ

“No teatro ou no audiovisual enfrontamos o acoso”

Melania Cruz.

Melania Cruz. / Lucía R. Regueiro

A actriz Melania Cruz –que acaba de rematar a xira de “Continente María” no Uruguai e que tivo un papel protagonista nunha anterior tempada de “Rapa”– sinala varios puntos de actuación no eido escénico ou audiovisual para rachar coa falta de igualdade para a muller. Un deses problemas é o acoso sexual. “Como moitas compañeiras, actrices, guionistas, iluminadoras, directoras, maquilladoras, axudantes de dirección... en todos os departamentos sexa en teatro como en audiovisual nos enfrontamos a unha situación desas características nalgún momento”, lamenta. No seu eido profesional critica que para as mulleres “hai un maior índice de desemprego, menos días traballados ao longo do ano, a media anual de ingresos é menor; en certas idades, diminúe a presenza feminina nos elencos... No audiovisual hai unha maioría masculina nos postos”. Por esa razón e por outras situacións, defende o 8-M: “Aínda queda moito a seguir reivindicando. Son moitos os motivos: asasinatos de mulleres, agresións sexuais, acoso, fenda salarial, presenza desigual nos consellos de administración, o reparto equitativo dos labores domésticos, a conciliación...”.


YOLANDA CASTAÑO
POETA

“Hai a falsa crenza de que para triunfar na literatura hai que ser muller”

Yolanda Castaño, no MARCO de Vigo.

Yolanda Castaño, no MARCO de Vigo. / Alba Villar

A Premio Nacional de Poesía 2023, Yolanda Castaño, sinala que “hai avances por escrito e agora falta o que non está por escrito: esa cultura que se herda de facho de man en man e que fai do suxeito feminino un suxeito marcado.

Uns recentes inquéritos sobre igualdade revelaban que moitos máis homes dos que pensamos consideraban que a loita feminista estaba indo máis lonxe do que debera. En paralelo existe a crenza de moitos homes de que o aumento da presenza feminina, das autoras, na literatura é desproporcionada. Isto notámolo en opinións que levan as mans á cabeza cando hai un novo premio nacional literario para unha muller. Hai a falsa crenza de que hoxe para triunfar na literatura hai que ser muller. É unha percepción falsa que só vén dun prexuízo que cómpre erradicar”. “En tempos pasados, nos anos 90 ou primeiros 2000, estaba normalizado o comentario sobre o noso aspecto, sobre o noso corpo, sobre a vestimenta e forma de presentarnos aos demais. Case non teño unha entrevista desa época que non inclúan unha pregunta dirixida ao meu aspecto. Iso provocaba unha frivolización do meu traballo, descrédito. Dalgún xeito, se me responsabilizaba da miña imaxe sen responsabilizarse eles da súa ollada”, critica.

Suscríbete para seguir leyendo