Un día especial a cabalo da liturxia e da reivindicación

Pode o día 8 de marzo acabar sendo unha liturxia ou hai que seguir reivindicando a xornada?

Mobilización polo 8-M en Vigo.

Mobilización polo 8-M en Vigo. / MARTA G. BREA

Mar Mato

Mar Mato

O 8-M perdeuse como día de folga para protestar contra a situación actual da muller traballadora e reclamar máis dereitos. As manifestacións seguen pero segue vizoso ou corremos o risco de que sexa unha liturxia?

Para Patricia Hermida, presidenta da Asociación Galega de Empresas Musicais, “hai que seguir celebrándoo en memoria das traballadoras que reivindicaron os seus dereitos aquel 8 de marzo e por respeto ás precursoras no feminismo pero considero que hai perspectivas que non se deberían manter. Parece que queda como un gueto cando a sociedade ten instrumentos para reivindicar día a día as causas. Non sei se realmente resulta efectivo”.

As dúbidas tamén as alberga a doutora e profesora da Universidade de Vigo África González: “Creo que se está convirtiendo en un ritual y no sé si tiene mucha utilidad. Sí que es cierto que se hacen actividades entorno a ello yendo a colegios para talleres y actividades. No sé si eso solo basta para cambiar a la sociedad”.

Elena Vázquez, decana de la Facultad de Matemáticas, sinala que “é necesario; inda non podemos dicir pantalla superada. Queda moito por facer pola igualdade. O dos rituais, celebrar días dalgo, fainos pensar pero temos que reflexionar todo o ano e non deixalo só para o acto dun día”.

Con isto último enlaza a Premio Nacional de Poesía Yolanda Castaño: “Entendo as críticas ao 8-M pero desgrazadamente esa crítica está cargada dun certo sentido da utopía. De non se celebraren esas efeméredes, serían menos oportunidades para debater e reflexionar o motivo que as convoca”.

A gandeira María Ramos, da explotación SAT Os Agros, responde que “reivindicar os dereitos das mulleres sempre é bo pero depende dos camiños polos que se leven as celebracións. Pode levar a confusións, a ser pesadas co mesmo e que a xente non nos tome en serio, pero hai que seguir reivindicando.

Ramos, porén, indica que “nunca” viviu a desigualdade por ser muller no rural: “Sempre tiven as mesmas oportunidades que os compañeiros homes. Son xefa dunha explotación agraria e nunca sentín que me discriminaran por ser eu a xefa. Entendo que hai xente á que lle acontece e que non pode ser. Onde eu vivo, nunca o experimentei. Aquí, á xente non lle estrana ver unha muller ao fronte dun tractor, ao fronte dunha granxa. Unha muller para ser libre ten que ter liberdade económica e emocional, non podes depender doutra persoa”.

Chus Villar, directora da galería Nordés, a única galega en ARCO, cre que “nos últimos anos conseguiuse algo para ter máis conciencia feminista. Grazas a esas mobilizacións conseguiuse máis aínda que hai pasos atrás. Segue sendo necesario”.

Por último, a científica e doutora Eva Poveda, directora científica do Instituto de Investigación Sanitaria (IIS) Galicia Sur, sinala que hai que manter a mobilización porque todavía non se logrou a igualdade de forma global.