Síguenos en redes sociales:

Os Premios Pardo Bazán xa teñen finalistas

» Entre todas as candidaturas presentadas, serán nove os que opten aos galardóns

Os Premios Pardo Bazán xa teñen finalistasRicardo Grobas

Os segundos Premios Emilia Pardo Bazán no País das Rías xa teñen finalistas. Unha intensa reunión dos membros do xurado o pasado luns, na sede de FARO, serviu para acotar os nomes das e dos candidatos con máis opcións para facerse coa distinción, iniciativa desde diario co apoio da Deputación de Pontevedra.

O ascenstral Entroido de Cobres,Ideas Peregrinas e a proposta gastronómica Culler de Pau son os finalistas na Categoría de Turismo, galardón que busca recoñecer a emprendedores e emprendedoras que teñen un papel destacado na proxección da provincia de Pontevedra.

Na Categoría de Cultura, a elección será entre o Náutico San Vicente, a novelista María Oruña e o dúo musical Fillas de Casandra. O obxectivo desta distinción é o de recoñecer as traxectorias máis relevantes no País das Rías, enxalzando os novos valores literarios, escénicos e artísticos en todas as súas variantes.

Por último, o galardón na Categoría de Feminismo quere recoñecer a quen impulsa a igualdade entre homes e mulleres, como levaba de bandeira a propia Emilia. Nesta segunda edición, os finalistas son: a Asociación de Redeiras da Atalaia A Guarda, a coorporativa A Morada e a fiscal de Violencia de Xénero Paula Cajaraville.

Os gañadores de cada categoría serán anunciados na gala do día14 de decembro

A elección dos nove finalistas correu a cargo dun xurado composto por: Ruth González Reyes, Xefa de Turismo Rías Baixas; Mª Carmen Gómez Manzano, Xefa do Servizo de Arquitectura da Deputación de Pontevedra; Xulia Santiso, conservadora da Casa Museo Pardo Bazán; Elba Pedrosa, escritora;Guada Guerra, xornalista;María Fernández Varela, directora do Hotel Ciudad de Vigo; Alba Chao, xefa da área dixital de FARO DE VIGO, e Irene Bascoy, subdirectora deste xornal.

A entrega premios celebraráse o xoves 14 ás 20.00h na sede de A Fundación, e será a propia Emilia Pardo Bazán quen conduza o acto (nunha representación da ESAD). A entrada é libre previa confirmación no mail eventosgalicia@prensaiberica.es 

Pulsa para ver más contenido para ti