Os Premios Pardo Bazán xa teñen finalistas

» Entre todas as candidaturas presentadas, serán nove os que opten aos galardóns

O xurado dos premios Emilia Pardo Bazán no País das Rías.

O xurado dos premios Emilia Pardo Bazán no País das Rías. / Ricardo Grobas

Os segundos Premios Emilia Pardo Bazán no País das Rías xa teñen finalistas. Unha intensa reunión dos membros do xurado o pasado luns, na sede de FARO, serviu para acotar os nomes das e dos candidatos con máis opcións para facerse coa distinción, iniciativa desde diario co apoio da Deputación de Pontevedra.

O ascenstral Entroido de Cobres, Ideas Peregrinas e a proposta gastronómica Culler de Pau son os finalistas na Categoría de Turismo, galardón que busca recoñecer a emprendedores e emprendedoras que teñen un papel destacado na proxección da provincia de Pontevedra.

Na Categoría de Cultura, a elección será entre o Náutico San Vicente, a novelista María Oruña e o dúo musical Fillas de Casandra. O obxectivo desta distinción é o de recoñecer as traxectorias máis relevantes no País das Rías, enxalzando os novos valores literarios, escénicos e artísticos en todas as súas variantes.

Por último, o galardón na Categoría de Feminismo quere recoñecer a quen impulsa a igualdade entre homes e mulleres, como levaba de bandeira a propia Emilia. Nesta segunda edición, os finalistas son: a Asociación de Redeiras da Atalaia A Guarda, a coorporativa A Morada e a fiscal de Violencia de Xénero Paula Cajaraville.

Os gañadores de cada categoría serán anunciados na gala do día14 de decembro

A elección dos nove finalistas correu a cargo dun xurado composto por: Ruth González Reyes, Xefa de Turismo Rías Baixas; Mª Carmen Gómez Manzano, Xefa do Servizo de Arquitectura da Deputación de Pontevedra; Xulia Santiso, conservadora da Casa Museo Pardo Bazán; Elba Pedrosa, escritora;Guada Guerra, xornalista;María Fernández Varela, directora do Hotel Ciudad de Vigo; Alba Chao, xefa da área dixital de FARO DE VIGO, e Irene Bascoy, subdirectora deste xornal.

A entrega premios celebraráse o xoves 14 ás 20.00h na sede de A Fundación, e será a propia Emilia Pardo Bazán quen conduza o acto (nunha representación da ESAD). A entrada é libre previa confirmación no mail eventosgalicia@prensaiberica.es