Unha obra de cómic achega a vida de Don Paco aos cativos

Vai asinada por Antón Mascato, guionista, e polo debuxante Pepe Carreiro | Está aconsellada para nenos a partir dos nove anos

Unha das viñetas do cómic.

Unha das viñetas do cómic. / Galicia

Mar Mato

Mar Mato

Resumir a vida dun persoeiro como Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas deste ano, a unhas poucas páxinas é unha tarefa descomunal. Se ademais hai que relatalo en viñetas, o traballo é xa un encaixe de bolillos pero os autores Antón Mascato e Pepe Carreiro bordaron o proxecto que se presenta nas librarías baixo o título “Francisco Fernández del Riego. O Home que valía por mil”.

Portada. |   // GALAXIA

Portada. | // GALAXIA / m.mato

Editado por Galaxia, o libro de banda deseñada vai destinado a todos os públicos, inda que principalmente, aos lectores máis noviños. “Se son moi pequenos non lles tirarán moito partido porque dá moita información pero a partir dos nove ou dez anos si que lles pode interesar”, comenta Mascato.

O interese deste autor por Fernández del Riego xa espertara cando o patriarca das Letras Galegas estaba con vida. “Eu no ano 2002 publiquei unha biografía del e quedárame o de facer algo sobre el diferente. Alvarellos –co Consorcio de Santiago– pediume unha cronobiografía ilustrada e Galaxia solicitoume algo distinto. Por iso, pensei en Pepe Carreiro para facer esta obra en banda deseñada”, detalla.

Porén Mascato aclara que non é un cómic calquera xa que presenta características “do álbum ilustrado pero tamén ten narrativa debuxada”.

Interior da obra | .

Interior da obra. / m.mato

Neste caso, non só solta a vida Del Riego e xa está senón que a contextualiza para coñecer que acontecía na época para entender mellor os fitos. “Se para unha obra destas colles a liña cronográfica sen contar o que pasa en Galicia e no mundo, na rapazada xorde o desinterese. Pero se dis que cando naceu estaba a Belle Époque en París, así como protestas das traballadoras na Coruña e cargas policiais coñecen que hai momentos de felicidade e momentos de traxedia, o que serve para enganchar aos lectores”, defende Antón Mascato.

Así, cando vemos no libro a Paco Del Riego a cargar co símbolo da Real Academia Galega –a circunferencia co solpor no mar e o lema da institución Colligit Expurga Innovat (Escolle, expurga e innova)– tamén lemos a carón que a Axencia Espacial Europea lanza a nave Mars Express para a procura da auga en Marte.

Dúas páxinas da obra gráfica sobre Paco del Riego de Mascato e Carreiro. |   // GALAXIA

Dúas páxinas da obra gráfica sobre Paco del Riego de Mascato e Carreiro. | // GALAXIA / m.mato

Respecto da cita final que pecha a obra (“‘Aquí non se ensina o galego nin aínda como se ensinaría unha lingua estranxeira’ (Risco dixit). O Estado concede gratuitamente o dereito a ignorala. É o xeito absurdo que se ten de culturizar o noso país: forzándoo a ignorarse a si mesmo”) el di isto no 1933 cando ofrece o discurso en representación do alumnado compostelán, obrigado a facelo en castelán”, detalla Mascato.

Para este autor, DelRiego “foi un gran estratega; tiña unha cabeza moi ben organizada, adiantábase aos acontecementos. Cando estalou o golpe militar, el formaba parte do Comité en Santiago para enfrontalo, as propostas máis insensatas era que había que asaltar o cuartel do Hórreo. Ao ser aprobado, desmárcase porque sabe que van ir a por eles. El xa se agocha”.

En canto á reconstitución do Partido Galeguista, sinala, “el apostou co arquitecto Gómez Román e Enrique Peinador. Entre os tres botan a andar os restos do Partido Galeguista”.

Mascato tamén resalta como “el sempre soñou con recuperar o obradoiro gráfico Nós que dirixía Ánxel Casal, alcalde de Santiago en 1936 que foi asasinado. Quería homenaxear a Casal e devolver ao país institucións culturais ao país e logrouno con Galaxia”.

Suscríbete para seguir leyendo