Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Unha canteira abrazada á pandeireta

Agrupacións e escolas de música anotan un aumento do interese para aprender a tocar o instrumento tradicional

Unha canteira abrazada á pandeireta

Unha canteira abrazada á pandeireta R. V.

Para ver este vídeo suscríbete a Faro de Vigo o inicia sesión si ya eres suscriptor.

Unha canteira abrazada á pandeireta Mar Mato

De catro a cinco da tarde, de cada xoves, catro nenas de entre dez e doce anos de Redondela, Saxamonde e Vigo acoden á súa clase de pandeireta na Escola de Música de Chapela (Redondela, Pontevedra). Na mesa e no encerado, as partituras; e no corazón, un son que viven como propio.

Para alumnas maiores da agrupación son como unhas minitanxugueiras, protoartistas que xa se subiron ao escenario do festival de Nadal para bordar o seu directo.

Para alumnas maiores da agrupación son como unhas minitanxugueiras, protoartistas que xa se subiron ao escenario do festival de Nadal para bordar o seu directo

A redondelá María Cabaleiro, de doce anos, é a maior. Estuda primeiro de ESO e cando se lle pide lembrar que foi o que lle motivou a querer aprender a tocar a pandeireta espeta moi segura de si mesma: “Foi un concerto de Pelepau ao que me levaron”. Precisamente, un dos integrantes da banda é o seu profesor, Alexandre Fernández.

Para Cabaleiro, ao igual que para as outras tres alumnas, o que máis lle gusta das clases é precisamente compartir tempo e actividade coas compañeiras, ese compañeirismo “leal” ao que cantan as Tanxugueiras en “Terra”.

Candela García, Uxía García, Aldara Montes e María Cabaleiro (e-d). R. GROBAS

Tanto María Cabaleiro como Aldara Montes –de Saxamonde, once anos de idade e sexto de Primaria– empezaron a recibir as aulas da pandeireta cando tiñan dez anos. No caso de Aldara, o que lle gusta é “tocar un instrumento tradicional de Galicia” inda que recoñece que de maior lle gustaría ser cantante ou cantareira. “Dáme igual, con tal de cantar”, defende.

No caso de Aldara, o que lle gusta é “tocar un instrumento tradicional de Galicia” inda que recoñece que de maior lle gustaría ser cantante ou cantareira

decoration

Ao seu carón, a viguesa Uxía García comenta que a súa iniciación no instrumento veu dada porque comezou con dúas amigas do colexio, inda que despois do confinamento decidiu seguir na Escola de Música de Chapela sen elas.

No caso de Candela García, foi o ver a súa nai a tocar o instrumento o que lle animou a aprender. Inda que viu actuación das Tanxugueiras no Benidorm Fest, dubida que de maior se dedique á pandeireta.

Alumnos de O Fiadeiro a bailar. PABLO H. GAMARRA

Estas nenas están seguras de que o fenómeno Tanxugueiras fará que máis nenas e nenos se interesen pola música e baile tradicional galego.

“Tanxugueiras fíxoo moi ben e foi unha mágoa que non gañaran”, comenta unha delas para outra compañeira recoñecer que non esperaba que chegara a gustar tanto fóra de Galicia un tema en galego.

  • La pandereta disfruta de su edad de oro

    Artesanos que las crean tienen lista de espera de hasta ocho meses | El I+D se afianza en el instrumento abanderado por las Tanxugueiras, que hasta se ha hecho vegano

Na clase deste venres da Asociación Cultural O Fiadeiro, en Vigo, as Tanxugueiras volven ser tamén tema de conversa entre os 22 alumnos presentes. A pandeireteira viguesa e futura xornalista de 20 anos Eva Fernández recoñece que se sentiu “moi orgullosa delas porque representan todo polo que loitou a xente da música tradicional dende hai tempo. A verdade é que facía falta é que un grupo como seu reivindicara o noso e o puxera diante de España e Europa”.

Ela é a máis veterana do grupo mentres que entre os máis noviños se atopa Xoán Rojas, de nove anos, quen empezou a tocar a pandeireta aos cinco e para quen o máis fácil é a muiñeira. Xunto a el, Sergio Salmonte, de nove anos, recorda como comezou a tocar a pandeireta aos tres anos. “Cando vía na televisión a cantantes e pandeireteiras e actuacións pola rúa gustábanme moito e metinme en baile e pandeireta”, sinala para confesar que o máis difícil para el é a xota e a súa canción preferida, “Liñares”.

Tanto el como Leo de Prado, de dez anos, xa soñan con tocar nos escenarios de maiores. Leo –que ten entre os seus grupos preferidos Tanxugueiras, Pelepau e Xabier Díaz– animouse a asistir ás aulas de música tradicional ao ver a súa irmá actuar e acudir a concertos.

Xunto a eles, tamén se afanan coas ferreñas as irmás Fátima e Antía Marchante, de dez anos, que arelan ter o seu grupo tradicional no futuro.

No grupo, xa hai quen participa en concursos –gañando premios en Arteixo e outras localidades– como é o caso de Joel Lorenzo, de 15 anos. “A min gústame tocar a pandeireta e ir a concursos porque alí estás con quen consideras a túa familia, non de sangue, pasándoo ben”, sinala. Sobre o fito no Benidorm Fest, resalta que “concienciou a moita xente de que había máis culturas e tradicións. Tamén concienciou á xente nova ao ver as Tanxugueiras como unhas ídolas”.

"Cando as vin cantar, o corazón latexábame moi forte porque é a nosa cultura e estábao vendo moita xente de fóra de Galicia con moita repercusión"

decoration

Uxía Prieto, con 16 anos, lembra que “cando as vin cantar, o corazón latexábame moi forte porque é a nosa cultura e estábao vendo moita xente de fóra de Galicia con moita repercusión. Eu espero que despois disto a xente se conciencie de que é algo bonito e parte de nós e se apunten a clases”.

As súas profesoras, Belén Tievo e Noemi Rodríguez, recoñecen que se deixou de ver como algo “de maiores” e que se ben a matrícula nos cursos xa ten experimentado un crecemento nos últimos anos agardan que pegue un novo chimpo a raíz do fito histórico do “Terra” de Aida, Sabela e Olaia.

Compartir el artículo

stats