Dentro da programación do ciclo "Camposancos de Cine", o pobo de Camposancos en A Guarda acollerá a estrea do documental "15 Pesetas por Frete", dirixifo por Estefanía Alonso. A cita será esta noite no local da asociación "Os Amigos" a partir das 21.00 horas, e a entrada será totalmente de balde.

Con motivo do proxecto de final de ciclo, un grupo de doce alumnos da Escola de Imaxe e Son de Vigo aventurouse a mostrar cómo se vivía o contrabando na época de posguerra no Baixo Río Miño, máis concretamente na zona de Camposancos.

O documental nace baixo a dirección de Estefanía Alonso, procedente do propio pobo, quen viviu rodeada de historias sobre o contrabando toda a súa vida e se decidiu a plantexar aos seus compañeiros profundizar no tema. De ahí o título do documental, "15 Pesetas por Frete", a cantidade que lle pagaban ao seu propio avó.

Este proxecto naceu en outubro do ano 2015 e comeza pouco despois coa grabación dunha serie de entrevistas a diferentes personalidades relacionadas co pobo e a súa historia. Puntos de vista moi diferentes mostran na cinta como se vivía o contrabando daquela época.

Para acompañar a estas entrevistas grabáronse na zona de A Pasaxe e A Lamiña unha serie de recreacións. A xente do pobo involucrouse co audiovisual para vestirse tanto de arraianas como de freteiros e así mostrar a súa historia ao mundo. Unha persecución, unha cola de racionamento ou un desembarco son algunhas das ficcións que se poden ver neste documental.

Este ciclo de cine está organizado conxuntamente pola Entidade Local Menor de Camposancos, a asociación "Os Amigos" e a Comunidade de Montes de Camposancos, que ceden o local e os medios para proxectar o documental.