A serie documental que a TVG dedica á vida dos portos galegos inicia a emisión de novos capítulos. Será hoxe a partir das tres e media da tarde cun programa dedicado ao porto de Laxe.
O programa está producido por Producións Celtas e dirixido e presentado por X. H. Rivadulla Corcón. Viaxa cada semana a un porto de Galicia, para mergullarse na súa vida falando coas distintas persoas que desenvolven o seu traballo vinculado co mar. Cunha filosofía moi clara de celebración da cultura mariñeira, percorre as ribeiras galegas e descobre a xente que vive nelas.