O profesor Vikash Kumar Singh, da Universidade Nacional Aberta Indira Gandhi, en Nova Delhi é o autor da tradución dos primeiros poemas da escritora galega Rosalía de Castro ao idioma hindi (que rexistra 490 millóns de falantes). Saíron publicados en India e Galicia "Adiós ríos, adiós fontes" e proximamente "Airiños, airiños, aires".

Esta acción encaixa no proxecto 'Rosalía é Mundial' e xa chegou ás dúas principais linguas do subcontinente indio: estaban traducidas ao bengalí e agora incorpórase o hindú. Desde que comezaron as traducións, pódense descargar a imprimir para colgar en lugares públicos. Así, xa se engalanaron as rúas do casco vello de Vigo, onde se imprimiron os Cantares Galegos por vez primeira, o 17 de maio de 1863 cos versos traducidos.