A Real Academia Galega de Ciencias elixiu, por unanimidade, a candidatura que preside Juan M. Lema Rodicio, catedrático de Enxeñaría Química da USC. As catedráticas da USC Alicia Estévez Toranzo e Pilar Bermejo Barrera, serán vicepresidenta e secretaria e os tamén catedráticos Fernando Pérez González, da Universidade de Vigo, e Antón Álvarez Sousa, da de A Coruña, vogais. O novo equipo tomará posesión o 23 de xaneiro.