A música do grupo de música e baile tradicional "Gandaina" anunciou de mañá os marinenses o inicio do Día das Letras Galegas, unha xornada na que o acto central se celebrou no Museo Torres e consistiu na entrega dos premios do Concurso de Poesía do concello.

Este certame inclúe unha convocatoria para poetas de todo o Estado e unha dirixida específicamente ós escolares. No primeiro caso, proclamouse gañadora a xoven viguesa Ledicia Costas.

Polo que respecta ó concurso escolar, na categoría A os premios corresponderon, por este orde, a Noelia Riobó Mayo, do colexio Inmaculada; Álex Regueira Parada, de Carballal; e Laura Rodríguez González, do Inmaculada.

Na segunda das categorías previstas o primeiro premio correspondeu a Alba Quintairos Soliño, do Carballal, seguida de Belinda Quintairos Soliño, do centro Sequelo, e Nazaret Tesouro Fuentes, do Carballal.

Na categoría reservada a alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria recibiu o principal galardón Cristina Rodríguez Pumar, do Inmaculada. O segundo premio correspondeu a Alejandra Cortegoso Sande, e o terceiro a Irene Bemposta Iglesias, ambas alumnas do colexio Mestre Landín.

Xa pola tarde, na Librería de Marín celebrouse un "Encontro de poesía e contos" no que tomaron parte Verónica Amor e Antón Sobral.

Tamén hoxe un espazo para a poesía para adultos, coas intervencións de Carlos Fuentes, Antón Sobral e Iria Fernández de Ana. Asemade, Margó Gayoso Lago acompañou coa música.

O derradeiro acto público da xornada foi o concerto que ofreceu a Banda de Música do Ateneo Santa Cecilia.

O recital celebrouse na Alameda municipal.

Os actos das Letras Galegas continuarán esta semana con diversas sesións de contacontos en centros educativos e casas culturais.