Os bombeiros do Parque Intercomarcal tiveron que sair onte por tres incidencias en Silleda e Lalín. Pola mañá, os efectivos tiveron que retirar as pólas dunha árbore que obstruían o paso cerca do recinto feiral da Semana Verde, na localidade silledense. Pola tarde, desprazáronse a Lalín á rúa Bos Aires para retirar unha persiana dun piso abandonado, situado no segundo andar dun edificio. Os veciños alertaron aos servizos de emerxencias por temor a que caese polo aire, que se prevé hoxe. A persiana estaba medio solta seguramente, debido as condicións meteorolóxicas adversas de días pasados. Despois, tiveron que sacar unha póla dunha árbore da Carballeira do Rodo, en Lalín, que ameazaba con caer para a estrada.