-Durante este verán están tendo moitas contratacións?

-A verdade é que si. Este ano acumúlasenos todas as actividades que temos programadas polo 75º aniversario; ademais, como todos os anos, necesitamos facer festas para subvencionarnos a nós mesmos. A festa máis próxima despois do aniversario é o día seis en Escuadro (Silleda).Agosto sempre é o mes no que temos máis concertos. Tamén temos outras actividades programadas como os concertos didácticos en setembro, o Certame Galego de Bandas, o tres de novembro e o concerto de navidade.

-Como valora a viaxe que realizaron por Barcelona e Andorra?

-A viaxe foi unha experiencia inolvidable, pasárono todos xenial. Este ano decidimos facer algo tamén para descansar, xa que estes meses van ser complicados porque temos moitas actividades acompañadas de contratacións de festas. Centramos a viaxe en desconectar e estar todos xuntos e aproveitamos que Escaldes é un pobo irmandado con Lalín para dar alí un concerto. A xente recibiunos como se foramos uns fora de serie.De feito, o disco queríamolo ter listo para presentalo en Andorra pero non nos deu tempo.