A concelleira de Medio Ambiente de Lalín, Celia Alonso, avanza de que tras as últimas análises realizadas, que a auga de todas as fontes públicas de Lalín é plenamente apta para o consumo.

Hai que sinalar que en semanas pasadas detectáronse episodios de concentración de coliformes por enriba do recomendable na Fonte da Picha (Donramiro) e na de Lalín de Arriba, mais as últimas mostras indican que a plena potabilidade da auga destes dous mananciais e dos demais existentes en Lalín. O Concello realiza exames da calidade da auga de forma periódica para corroborar a súa potabilidade e evitar riscos á poboación.