12 de julio de 2018
12.07.2018

Lalín desnuda o seu interior... único

Unha fotografía dunha parella espida de costas en Pozo do Boi protagoniza a súa campaña para atraer turistas no verán

12.07.2018 | 03:10
Un home mira o valado instalado na rúa Monte Faro, á beira da Rolda Leste. // Bernabé/Javier Lalín

As aguas de Pozo do Boi e unha parella saltando a esta praia fluvial espida, de costas, son os protagonistas da última campaña do Concello para atraer turistas en verán. A proposta busca precisamente, con estes dous actores retratados, activar os comentarios fóra da bisbarra sobre a propia campaña e sobre Lalín.

O Concello de Lalín, a través da concellería de Turismo, presentou no día de onte unha nova proposta enmarcada dentro das campañas municipais de promoción turística para o verán. Así, esta nova iniciativa promocional ten como protagonista a praia fluvial de Pozo do Boi, situada na parroquia de Vilatuxe e un dos mais importantes atractivos do municipio durante a época estival. O espazo móstrase a través dunha fotografía que captura o momento preciso no que un mozo e unha moza, de costas, collidos da man e espidos se guindan ás augas do río Deza nunha escena "extrovertida e espontánea que tamén transmite o sosego e o encanto deste espazo natural", indican desde a administración municipal. Tan pronto como a imaxe foi subida polo Concello e por algún dos membros do goberno ás redes sociais, chegaron os primeiros comentarios, tanto favorables como outros que non a ven axeitada.

A iniciativa compleméntase coa intensa actividade divulgativa que se vai levar a cabo en diferentes vilas e cidades costeiras durante as próximas semanas e busca, como indica o concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, "atraer visitantes durante esta época do ano, pois non me cansarei de dicir que Lalín é un destino con magníficos recursos e alternativas para desfrutar os 12 meses". E engade que"deste modo" apostouse pola innovación e por activar unha campaña cun potente tinte de orixinalidade e desenfado para obter o maior impacto e, en definitiva, chegar ao maior número de persoas co obxectivo de que nos visiten e se xere riqueza no noso municipio".

Valados en Silleda e cidades

O concelleiro recoñece que se trata dunha campaña "de impacto" e que "non vai deixar indiferente a ninguén, mais conseguir que mediante esta estética se xere un enérxico reclamo foi o noso obxectivo dende o momento no que na concellería de Turismo ideamos esta proposta promocional, que tamén servirá para poñer en valor a espectacular paraxe de Pozo do Boi, unha alternativa de ocio inmellorable nos días de calor".

Esta campaña vai ter difusión durante todo o verán a través de internet e das redes sociais, así como en soportes gráficos tanto en papel como en valados publicitarios que se colocarán en Lalín -o soporte dispoñible era o da rúa Monte Faro, á beira da Rolda Leste-, en Silleda - perto da casa do concello, en plena N-525- e en varias vilas e cidades de primeira categoría.

A imaxe da campaña foi feita pola empresa No Majors Films e, ideada pola concellería, está inspirada noutra feita nun país europeo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine