| A asociación cultural Vagalumes da Estrada quixo lembrar onte, como cada 24 de febreiro, a Rosalía de Castro. Este ano o colectivo fixo unha escolla de textos adicados á autora, invitando tamén a quen o desexase a que participase con composicións propias nas que a temática fose precisamente Rosalía. O acto desenvolveuse na Sala Abanca. Vagalumes tivo dende os seus inicios como asociación a preocupación pola recuperación e difusión da figura de Rosalía, reivindicando para ela un lugar preferente para á hora de pór nome a espazos públicos no municipio.