18 de agosto de 2017
18.08.2017

O Carrio, unha fonte de xacementos

Elixio Vieites e Antonio Presas barallan a hipótese de que os novos achazgos se sitúen antes da Cultura Castrexa, por iso piden que Patrimonio os catalogue e investigue

18.08.2017 | 03:44

O monte do Carrio é coñecida por ser unha terra rica en xacementos. Fai pouco descubríronse novos petróglifos, e agora, Antonio Presas xunto con Elixio Vieites estuveron facendo un percorrido polo Carrio para en busca do Castelo de Busto, pero a sorpresa foi atopar novos descubrimentos, denominados polos veciños Coto Grande. Trátase dun recinto inédito e de gran similitude ao de Outeiro Grande. Analizando ambas estruturas, precíbense certas similitudes con outros xacementos que foron catalogados como henges. Faltaría un estudo arqueolóxico para pode delimitar as súas similitudes.

O Carrio, situado entre os municipios de Vila de Cruces e Lalín, alberga un parque eólico, e moi preto das pistas que o percorren pódense atopar as mámoas das Brañas de Abonxo, un conxunto de, polo menos, nove túmulos moi próximos entre si. Recentemente, Elixio Vieites fixo unha pescuda polo monte do Carrio en busca do Castelo de Busto, atopouse cunha serra rica en xacementos arqueolóxicos. Os túmulos sitúanse a 200 metros ao noreste dun recinto denominado Outeiro Grande, unha estrutura circular que non foi catalogada como un lugar arqueolóxico no traballo feito no ano 2002 polos investigadores que estudaron a zona onde se instalarían os aeroxeneradores. "A miña alarma, foi descubrir o recinto inédito e de gran similitude ao anterior, e que os veciños chamaban o Coto Grande. Estas estruturas son difíciles de ver", explica Vieites.

Antonio Presas tamén foi testemuña deste novo descubrimento, "para verificar o novo achazgo, subín acompañado deste gran coñecedor da xeoloxía e lugares arqueolóxicos da comarca de Deza para que me guiase até o lugar", aclara Vieites. A intención que teñen estes interesados polo patrimonio e arqueoloxía galega, é dar coñecemento aos veciños e a Patrimonio deste xacemento. "Simplemente queremos que a xente coñeza o que hai, para que non actúen por encima del nin fagan nada", aclara Vieites. Ademais, estes investigadores non descartan a posibilidade de que se trate dun descubrimento situado antes á Cultura Castrexa, xa que presentan dúas estruturas circulares ou semellantes. "Hai que destacar que se tratan de dous xacementos arqueolóxicos dificilmente catalogables por falta de referencias precisas, polo de agora, por esa mesma razón, o día que se obteñan probas e datacións concretas, é moi probable que marquen una nova etapa no coñecemento do noso pasado", comenta Elixio Vieites. O obxectivo de Antonio Presas e Elixio Vieites é presentar unha ficha que están elaborando para catalogalo e que o estuden. A súa intención é divulgalo e dalo a coñecer aos responsables que están traballando nestes eidos.

Coto Grande está situado ao noroeste da serra, cunha altitude de 695 metros e a 2,5 Kilómetros en liña recta de Outeiro Grande e a 800 metros ao sur das mámoas do Coto do Camballón, no municipio de Vila de Cruces. Amosa un muro moi circular e cunha inmellorable visión cara ao oeste, chegándose a divisar dende ese punto o Pico Sacro. Por outra banda, Outeiro Grande presenta tamén unha muralla circular, pero cortada de noroeste a suroeste, ao non ser considerado no seu momento un lugar arqueolóxico. A altitude deste xacemento é de 702 metros, coincidindo case a perfección coa de Coto Grande.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine