Antonio Presas e Elixio Vieites, tras analizar as estruturas, atopan similitudes con outros xacementos que foron catalogados como henges. O máis significativo en Galicia é A Roda de Barreiros, que foi investigada por mor dos traballos da Autovía do cantábrico ao seu paso por ese concello, e que anteriormente estaba catalogado como un castro. A Roda componse dun recinto roddeado cuns muros circulares feitos a base de dúas fiadas paralelas de perpiaños recheas de cachotes e que acada un diámetro exterior duns 50 metros. Esta característica pódese intuir no lugar de Outeiro Grande, ao ser visible un corte na estrutura; evidencia que non se pode ver en Coto Grande, ao non atoparse estudado. Só un estudo arqueolóxico en profundidade podería delimitar as súas similitudes e a que época atribuílos, ou por outra banda, descartalos como henges e determinar outras posibilidades.