Feiradeza aposta por un certame continuísta onde o principal cambio será a introdución dunha nova sección, esta será á de mellor criador de xovencas que reemplaza á campioa provincial. Un galardón que se retira visto que usualmente coincidía co premio de gran campioa. Nesta edición, que alcanza xa o seu 33º ano, contase con máis de un centenar de vacas frisonas e unha vintena de gandeirías participantes. Números que equiparan os da cita do ano pasado.

Como é de costume, o venres día 7 procederase á entrada do gando coa correspondente verificación da documentación do animal, para despois aloxalo no recinto. O día seguinte, ás 14.00 horas inaugurarase Feiradeza 2017. De seguido, para as 16.15 horas iniciarase o Concurso, coa sección de xatas e xovencas, un dos atractivos principais da cita. Ás 18.15 horas será o XVIII Concurso de Novos Manexadores que se celebrará no recinto lalinense.

Xa o domingo, ás 10.30 horas iniciarase o concurso de vacas de leite e campionatos. As 13.30 celebrarase a IX Poxa de gando frisón. As 14.30 horas haberá a entrega de premios antes da clausura e o xantar. Nesta ocasión, o concurso será xulgado por Santiago García Souto xuíz nacional de Conafe.

Ás 14.00 horas celebrarase o sorteo, que en vez de facerse, como todos os anos, cunha ruleta, será con un sistema de boletos en urna, para acelerar o proceso. Así,sortearanse dous premios. Un deles corresponde ao sorteo dunha xuvenca preñada ou ben, no seu lugar, 1.000 euros, mentres o outro agasallo será unha becerra ou 500 euros. Ademais, entre os gandeiros participantes, sortearase outro animal a cargo da Deputación.

O concelleiro de Actividade e Produción Agroganadeira, Xosé Hermida, mostrou ao seu agradecemento durante a presentación do programa, ás empresas colaboradoras tales como Reny Picot, Leite Celta, Banco Caixa Geral e Dona Cobiña Queixos, que son patrocinadores de varios premios do concurso Subasta da Raza Frisona, que se alcanza a súa 23ª edición. Ademais diso, as cooperativas da zona continúan tamén apoiando o evento, como de costume.

Pola súa parte, o presidente de Africor de Pontevedra, Rafael Méndez, agradeceu ao Concello de Lalín por celebrar un ano máis Feiradeza, que a considera un referente nacional grazas á súa consolidación no tempo. Así mesmo, o xerente desta entidade, José Rodríguez, explica que este ano na poxahai só dous animais, porque "subiuse o mínimo para poder participar, para que o que viñera, foran animais que superaran a media provincial, iso si intentarase que pouco a pouco haxa algún animal máis, potenciando a poxa", apunta.