O Premio de Poesía Avelina Valladares non só cumpre 19 anos, tamén ten como nova gañadora á escritora viguesa Silvia Penas Estévez. O xurado do certame escolleu a obra, titulada Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores, por unanimidade, destacando "a súa coidado estrutura literaria na que a secuencia do andar dos días vai trazando un esquelete harmonioso e que lle dá á obra consistencia, calidade e boa lectura".

O primeiro en intervir foi o alcalde de A Estrada, José López, que comezou definindo setembro como "mes prodixio para as actividades culturais", facendo referencia ao acto de entrega do Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela que se celebrará o vindeiro venres 25 no marco da Feira do Moble.

As súas palabras continuaron agradecendo o traballo do xurado, conformado por David Otero, Javier Castro, Dolores Araújo e Neves Soutelo. Dos seus membros salientou "o compromiso e implicación" que tiveron co premio.

Por outra banda, López tamén fixo mención aos novos autores que deciden presentarse ao Avelina Valladares como unha sinal de boa saúde para o certame. Son 32 obras as que se presentaron este ano e, segundo o integrante do xurado David Otero, experimentouse un incremento do 40%.

Foi o escritor quen tomou o relevo e fixo fincapé na carreira lírica da premiada Silvia Penas, asegura que "ten anos na militancia poética". A este respecto tamén fixo mención á estrutura do libro, á calidade do mesmo e ás orixes viguesas da galardoada.

Otero quiso viaxar ao pasado e recordou o primeiro xurado do Avelina Valladares. Con tal evocación quixo nomear con especial nostalxia ao escritor Maximino Sanmartín, integrante daquel comité de evaluación do primeiro certame. Tamén fixo mención a que foi unha figura "fundamental" que merece "un recordo permanente".

Ademais, Javier Castro falou da obra de Silvia Penas, dicindo que "é a que máis encaixaba neste premio" aínda que tamén recalcou "a calidade en xeral dos orixinais empregados".

Finalmente, Dolores Araújo engadiu que "é unha ledicia outro ano máis ter este marabilloso proxecto".

Por otra banda, o acto de entrega está previsto que se celebre na Festa da Poesía.

O poemario de Silvia Penas tamén se publicará e a escritora recibirá 2.000 euros. Esta autora viguesa é outro exemplo de escritora que fía con dozura os versos con versos. O talento e a brevidade coróana hoxe como outra autora que se suma aos outros 18 nomes que van configurando a cantiga máis poética que poderá entoar nunca A Estrada.