02 de noviembre de 2008
02.11.2008

José Luis Méndez Romeu, Conselleiro de Presidencia e presidente da Fundación Semana Verde de Galicia: "A día de hoxe, cantos máis eventos feirais fagamos, máis perdas teremos"

02.11.2008 | 01:00
O presidente da Semana Verde, no interior das dependencias da institución silledense. / bernabé/javier lalín

El político aboga por convocar eventos profesionales que demande el sector y menos orientados al público

Trala súa designación polo Consello da Xunta -o 28 de agosto- como presidente da Fundación Semana Verde de Galicia, o conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, ocupa o cargo que desempeñou durante 30 anos José Maril. Ten o cometido de reflotar unha institución e un recinto en horas baixas. Aínda que decideu intervir e tomar o control da entidade, advirte que o recinto silledense está sobredimensionado con respecto aos modelos actuais. El nomeamento do director xeral será o siguiente paso para intentar relanzar unha institución que precisa adaptarse a un novo escenario e ser competitivo coas demais instalacións que existen en Galicia.
-Como valora o momento actual da fundación?
-Estamos nun momento de transición despois de tres décadas dixida polo mesmo equipo rector. Aínda que houbo cuestións positivas, nos últimos anos comezou a perder autonomía e o xeito do seu funcionamento foi realmente alleo ao modelo que se recomenda para este tipo de institucións. Logo chegou o intre no que se cambiou o modelo xurídico co convencemento de que se pode cambiar esta situación de cara aos vindeiros anos.
-En que intre decide intervir na fundación para tomar o control desta entidade?
-A Xunta viña advertindo á anterior dirección de que tiña que cumplir coas recomendacións que lles faciamos. Tamén desde o Consello de Contas se instaba a ter un financiamento transparente en todas as áreas conforme ao dito por este organismo e polas diferentes audiorías. Esta situación foi bloqueada durante moito tempo e de xeito inexplicable polo anterior goberno coa blindaxe da dirección da fundación, mentres que nós só poidamos presentar propostas. Logo, por fin se rompeu o bloqueo coa renovación dos estatutos e a súa legalización, ata conseguir unha redución dos membros que, agora, deben estar comprometidos coa institución feiral.
-Un ano antes os traballadores alertaran do delicado momento que atravesaba a institución, así como da súa descapitalización.
-Que a feira está descapitalizada é unha evidencia xa que se foron gastando fondos e arrastrando problemas que a Xunta incluso foi alentando. Nese contexto íase cara á súa desaparcición. Agora afrontamos unha nova etapa con propostas como o plano de viabilidade, ou o padroado feiral.
-A xestión anterior foi tan pouco rigurosa?
-A xestión anterior ten épocas brillantes.Hai que ter en conta a súa posta en macha, na que acadou un grande éxito, sobre todo nunha comarca como a o Deza, do interior. Logo houbo outra etapa, e logo xa, por último esta. Durante estos últimos tempos houbo moitas novidades nas feiras; o xeito de plantexalas ou as actividades que se definías nelas. En Silleda quizá non houbo ese plantexamento.
-Entón, por que non se actuou antes?
-O goberno anterior deixou que esta institución chegase dese xeito ata fai pouco. Actuar antes non foi posible, só ata o momento do fin da blindaxe do ex presidente. Antes, sorprendentemente, a Xunta de Galicia, nos antigos estatutos non tiña a maioría no padroado. e deixou pudrir todo o proceso.
-Como cre que se vai afrontar o futuro?
-Eu son prudente. Hai que ter en conta a crise económica ata provocou que se suspendera o salón SIMO. Esta situación ataca contra os resultados económicos das empresas. A Xunta ten amosado o apoio a esta feira por entender que contribue ao desenvolvemento desta comarca e aposta polo que é o recinto feiral de Galicia. Non teremos resultados espectaculares a curto prazo, pero tentaremos de manter isto dentro do nivel que tivo, sendo unha feira internacional.
- Pode afrimar que están garantidos todos os postos de traballo do persoal?
-En principio temos unha plantilla estable, aínda que hai que considerar que é elevada con respecto a outros recintos. O importante e que estén motivados para sacar os obxectivos que, por exemplo, determinará o plano de viabilidade. Será máis rendible se hai capacidade para xerar máis actividade feiral.
-Estima logo que a plantilla está sobredimensionada?
-A plantilla está sobredimensionada e a superficie do recinto feiral tamén está sobredimensionada. É demasiado grande para a capacidade de atracción que teñen as instacións, ademais dos elevados custes de mantemento e explotación. Silleda está sobredimensionada para proxectos feirais como os que se celebran hoxe. De todos os xeitos teremos que rendabilidar ao máximo estas instalacións.
-A viabilidade destas instalacións están garantidas só coa inxección de capital público e privado ou deben definirse outro tipo de estratexias para recuperar o prestixio da fundación?
-Estamos diante doutro feito herdado. Este é un recinto sobredimensionado. Teremos que ir hacia unha solución mixta. O recinto de Silleda tén potencial para moito máis, aínda que non é doado manter a supremacía para moitas actividades distintas. Deberíase acadar un maior autofinanciamento.
-Una vez que a partir de xaneiro, cos plans de viabilidade e estratéxico na man, e a incorporación do novo xerente, xa pode cuantificar os fondos que aportará a Xunta en 2009?
-Primeiro haberá que aprobar o orzamento para o 2009 e tamén ver as aportacións que haxa que facer para afrontar as perdas posibles. Por exemplo, a Semana Verde parte a día de hoxe dun orzamento deficitario. Polo tanto, canto máis feiras fagamos máis perdas teremos.
-Hai certames dos que cre, se pode ou debería prescindir ou incluso incorporar outros máis novidosos e específicos?
-O calendario feiral debe obedecer ao volume de negocio que sexa valorado polo sector, así como ás necesidades dos distintos sectores produtivos galegos, ademais de contemplar o financiamento externo como xa temos indicado nalgunhas ocasións
-Vostede tén dito que Galicia conta con alomenos dez recintos feirais. Pensa que a creación de novas instalacións foi unha política axeitada, tanto pola anterior como pola presente administración autonómica?
-O mundo feiral está mudando, está evoluíndo. As feiras son cada vez máis profesionais e menor abertas ao público. En todo caso eu só son o responsable da Semana Verde, o resto dos recintos feirais dependen de Industria. Aínda que partiamos dunha situación económica herdada, ao final o mercado determinará iso e poderase constatar os recintos feirais que funcionan e os que non.
-As discrepancias entre o goberno e a oposición silledense motivaron que a representante municipal no padroado sexa a portavoz do BNG. Terán vostedes que apelar ao consenso para sacar adiante algunhas propostas, tendo en conta a configuración política do órgano rector?
-A posición da Xunta de Galicia é única ademais de maioritaria neste senso. Polo tanto, os demais -patronos- aportarán opinións pero non recursos, polo que, aínda que os escoitaremos a todos co debido respecto, o que non van é a mediatizar o funcionamento do padroado, polo que creo que teñen iso moi claro.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine