Entrevista |

“Estamos cantando moita xente en galego e sen ningún prexuízo”

Diego Lage forma parte de Exeria, que presenta en Pontevedra o seu novo LP

Os integrantes da banda de Ponteareas, Exeria

Os integrantes da banda de Ponteareas, Exeria / FdV

Gala Dacosta

Gala Dacosta

Diego Lage ten varias bandas, tantas como o tempo lle permiten, e de seguro de pasaría todo o seu tempo sobre o escenario, se puidese. Xunto cos seus tres compañeiros, Mateo González, Martín Alfaya e Miguel Ángel Martínez, formou Exeria no ano 2021 á procura do seu estilo máis propio.

Así que, para quen ande á procura de sons auténticos, do rock dos 90, arraigados e en galego, Exeria é a súa banda. Os de Ponteareas acaban de lanzar “Sobre a independencia”, un EP de cinco cancións que saíu o 8 de marzo. Este sábado estarán no Centro Social A Pedreiraás 21.00 horas dentro da súa xira por toda Galicia.

–Como xurde Exeria?

–Nace no 2021 como grupo, cando empezamos a compoñer cancións. Martín é quen fai os temas, coas letras e as composicións musicais, e no local nós arranxamos. A el coñézoo de toda a vida, e a Miguel coñecino algo máis tarde. En Poneareas hai moitos grupos e ambiente musical, vas tocando aquí e alí e coñeces xente. Xa tocara con eles ous e saíndo da pandemia quixemos facer algo distinto. Agora temos a Mateo de cantante, que o fai moi ben e estamos moi contentos.

–Que tal é o público de Pontevedra?

–Eu xa toquei con outras bandas en Pontevedra, pero con Exeria vai ser a miña primeira. Veremos o sábado que tal, temos moitas ganas e temos moitas expectativas de que a xente queira escoitar algo distinto, non somos o clásico grupo en galego medio punk e reivindicativo.

–En que se diferencia a proposta que fai Exeria? Están máis centrados na musicalidade, quizais?

–Nós somos un pouquiño distintos, facemos algo menos cañero, aínda que hai de todo. Non se ten visto moito isto que facemos nós. Cada letra é do seu pai e de súa nai, pero non é unha reivindicación directa, senón algo máis velado. Non nos gusta dar ao público todo mastigado, queremos que haxa algo de sutileza nas nosas letras e que se pregunten “que quererán dicirnos con isto?”.

–Como é iso de que en Ponteareas hai moita movida musical? Por que cre que acontece?

–É curioso, pero o certo é que saímos bastantes bandas de música de Ponteareas. Sen ir máis lonxe, SonDaRúa son de Ponteareas, e tamén Skandalo Gz, que hai uns anos era case cabeza de festival, en segunda liña facilmente. Agora disolvéronse e os membros que quedaban en activo formaron o novo grupo chamado Queixa. Tamén está O caimán do río Tea, do que formo parte... A verdade é que aquí hai moita escena musical, o que pasa é que tampouco hai máis ca un par de sitios onde tocar.

–Vostede que ten unha visión privilexiada, que tal nota de saúde o ecosistema musical galego?

–Eu creo que a música en galego está tendo un pequeno rexurdir, en xeral. Hai grupos moi potentes, como as Fillas de Cassandra ou as Tanxugueiras; o neotradi de Mondra tamén ten bastante tirón, tamén The Rapants ou Grande Amore. Estamos cantando moita xente en galego e facémolo sen ningún prexuízo porque a nosa lingua interesa para explorar. Tamén hai outro tema, que é que nós vivimos pegados a Portugal. Aínda non está demasiado pensado o tema, pero quizais resulta que nos interesa achegarnos a eles e cantar no noso idioma e tocar e que nos entendan, e eles aquí poden vir. Hai bastante saúde, claro, pero sempre nos gustaría que aínda houbese moito máis.

–Como é este novo álbum “Sobre a independencia”?

–Pois é un álbum que contén cinco cancións: A Costa de Frades, Sobre a Independencia, Neno, Crendo só en min e Mantra. Producíunolo Trece Amarillo, que levan as Tanxugueiras ou a Carlos Núñez.

Suscríbete para seguir leyendo