Un roteiro coa Escola de Idiomas polas rúas con nome de muller na cidade

“Pontevedra en feminino” terá lugar o venres 8 de marzo ás 11.30 horas

Mural en Pontevedra na honra de María Victoria Moreno.

Mural en Pontevedra na honra de María Victoria Moreno. / RAFA VAZQUEZ

Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra organizan para o vindeiro venres, 8 de marzo, o roteiro “Pontevedra en feminino”, que terá lugar ás 11.30 horas con saída da Praza da Ferrería e chegada á Alameda.

Elma Barreiro, unha das profesoras da escola, explica que aínda que o prazo para inscribirse rematou onte, día 1, aínda se poden recibir máis peticións no correo edlg@eoipontevedra.org.

Polo momento, a iniciativa conta con más de 20 participantes, que serán guiados pola ex concelleira e mestra xubilada María Xesús López Escudeiro, que xa ten traballado en proxectos como “Do gris ao violeta” e “A memoria das mulleres”. Así, este roteiro lembrará figuras importantes na historia da cidade como Amalia Álvarez, Virxinia Pereira ou María Victoria Moreno, entre outras.