Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Máis de 70 profesionais galegos e lusos, na apertura de Culturgal

A feira desenvolverá nesta fin de semana máis dun cento de actividades musicais, encontros lectores, proxeccións, mostras...

Participantes na Xornada Profesional de Promoción Escénica e Musical de Galicia. | // GUSTAVO SANTOS

Máis de 70 profesionais galegos e do norte de Portugal inauguraron onte Culturgal coa Xornada de Promoción Escénica e Musical organizada por Escena Galega e a Asociación de Empresas Musicais. O encontro reuniu a máis de 20 responsables de programación de concellos, teatros e festivais con medio cento de representantes de compañías escénicas, grupos de música, empresas promotoras e distribuidoras.

Na súa 15 edición, que leva por lema “15 anos cos fíos da cultura”, os profesionais do sector son unha das grandes apostas de Culturgal. Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais, participou na apertura e destacou a evolución da feira cara a esta dimensión máis profesional na procura de incentivar o negocio cultural, “un compoñente crucial que ten que ter esta feira como socia prioritaria”, sinalou o representante do Goberno galego.

Na súa 15 edición, que leva por lema “15 anos cos fíos da cultura”, os profesionais do sector son unha das grandes apostas de Culturgal. Jacobo Sutil, director da Agadic, destacou a evolución da feira cara a esta dimensión centrada no negocio cultural

decoration

Éste lembrou onte que a Xunta repite como principal entidade patrocinadora do evento, ao que achega ademais unha trintena de actividades entre talleres, relatorios, concertos e presentacións escénicas.

Tras a xornada adicada aos profesionais acreditados, a feira das industrias culturais galegas abre hoxe as súas portas para todo o público. Durante a fin de semana desenvolverá máis un cento de actividades, desde concertos a encontros lectores, proxeccións o exposicións como as que poderán visitarse no Espazo Arte.

Culturgal contará con 115 expositores como editoriais, empresas de impresión 3D, firmas de fotografía, de artesanía, de ilustración, teatro, producción e distribución, edicións de revistas e xornais...

decoration

Culturgal contará con 115 expositores como editoriais, empresas de impresión 3D, firmas de fotografía, de artesanía, de ilustración, teatro, producción e distribución, edicións de revistas e xornais...

Cos profesionais da cultura, a outra das grandes apostas da feira volve ser o público familiar, para o que programa ducias de actividades. É o caso das sete que se desenvolverán esta tarde, entre elas “O lobo e a lúa”, de Baobab Teatro, unha proposta de teatro e monicreques para nenos a partir de 2 años.

A xornada de hoxe pecharase a partir das 20.30 horas cun dos espectáculos da Culturgal, unha sesión dobre de danza con Nova Galega de Danza e Daniel Rodríguez

decoration

A xornada de hoxe pecharase a partir das 20.30 horas cun dos espectáculos da Culturgal, unha sesión dobre de danza con Nova Galega de Danza, que estrea o seu último espectáculo, e Daniel Rodríguez. As entradas teñen un custe de 8 euros e están á venda por 8 euros na web de Culturgal. Ésta abrirá hoxe e mañá de 11 a 21 horas e o domingo de 11 a 20. As entradas poden mercarse na web da feira a prezos entre los 4 euros os adultos e 3 os nenos ata 16. Os menores de 3 anos entran de balde. Tamén é posible facerse con abonos e packs familiares.

Compartir el artículo

stats