Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Os profesionais e o público familiar, apostas do Culturgal no seu 15 aniversario

Presentación da feira Culturgal 2022, que leva por lema "15 anos cos fíos da cultura"

Libro, música, cinema, teatro, arte, videoxogos e actividades para o público infantil e familiar. Culturgal celebrará a partires do vindeiro día 24 o seu 15 aniversario cunha extensa programación que busca tirar de todos os fíos da cultura feita en Galicia e, neste 2022, apostar pola programación dirixida a profesionais, con un panel de 30 actividades que implica a boa parte das asociacións sectoriais do país.

A nova directora da feira, Eva Alonso, encabezou na mañá deste venres a presentación da programación, que se extenderá ata o día 27 no Recinto Feiral e sumarase aos estands dos 115 expositores. Éstes presentarán todo tipo de novidades no campo da edición, o teatro, a artesanía, fotografía, deseño, xogos de mesa, producción e distribución, produtos dixitais, teatro…

Eva Alonso lembrou que a programación “é un proceso colaborativo que facemos entre as institucións patrocinadoras, os axentes culturais e por suposto a propia Asociación Culturgal”. O resultado, aseverou, resulta ser “un escaparate de propostas de actualidade, de grande interese e elevada calidade artística”. Tamén será “unha mostra do que está por vir, por temos estreas e presentación de novos proxectos”.

A feira proporá un panel de 30 actividades para profesionais da cultura no que están implicadas boa parte das asociacións sectoriais do país

decoration

Culturgal amplía nunha xornada os días de celebración. Así, principiará o xoves 24, se ven restrinxida a profesionais con convite, coa xornada profesional de Promoción Escénica e Musical de Galicia, que organizan Escena Galega e AGEM coa colaboración da Xunta. Eva Alonso incidiu en que a programación profesional “é a grande aposta deste ano. Para nós é importante darlle valor ás actividades e ás necesidades dos profesionais”.

A feira contará cun Espazo Profesional no primeiro andar na que se desenvolverán encontros para estes axentes culturais e empresas e tamén será escenario do acto de celebración do 15 aniversario da feira, o domingo a mediodía. “Temos unha trintena de actividades profesionais que tocan todos ou casi todos os paos da Cultura. Apostamos porque a xente que forma parte da acción cultural do país veña a disfrutar desas actividades interesantes e que lles aporten”, destacou a directora.

Ésta convidou a todos os profesionais da cultura interesados a preinscribirse nas actividades na web cultur.gal.

O sector editorial, central no arranque da feira, de novo terá un Espazo Libro cheo de actividades e que contará de novo cos protagonistas da creación literaria da Feira. Eva Alonso destacou a presenza de “premios moi recentes no ámito estatal como Marilar Aleixandre ou Ismael Ramos” estarán nunha Culturgal na qu se darán a coñecer as novidades editoriais. O público terá oportunidade de facerse con esas novas propostas, participar en encontros coa comunidade lectora ou acudir a sinaturas nos estands de autores como Juan Tallón, Berta Dávila, Carlos Callón, Bibiana Candia, Antía Otero, Pepe Cáccamo, María Solar ou Fran P. Lorenzo.

Dentro deste programa adicado ao libro también se celebrará o día 26 a homenaxe a Elena Villar Janeiro, adicado aos seus “50 anos de poesía e compromiso”.

Marilar Aleixandre, Ismael Ramos, Juan Tallón, Berta Dávila, Carlos Callón, Bibiana Candia, Antía Otero, Pepe Cáccamo, María Solar ou Fran P. Lorenzo son algúns dos escritores que pasarán polo Recinto Feiral na fin de semana

decoration

Outra das grandes apostas da feira é o público familiar, que se converteu nun dos máis fieis protagonistas da feira, como lembrou esta mañá a organización. Ésta propón numerosos obradoiros para os nenos e non esquece os videoxogos ou a música e o teatro para toda a familia. As prazas dalgunha das actividades son limitadas e os pais terán que inscribirse na recepción.

Pola súa banda, o Espazo Arte, no que se darán cita creadores e galerías, proponse sorprender cunha experiencia ao vivo na que se mestura a palabra, improvisación teatral, o circo, o traballo de funambulismo, a danza contemporéa, a intervención espacial e o público que participa na peza. Será na proposta “Multiperspectivas#2” de Paula Quintas, con dous pases para todos os públicos na mañá do domingo.

Tamén haberá obradoiros creativos moi orientados ao público familiar e os patrocinadores institucionais da feira enriquecerán o Espazo Arte con propostas, no caso da Xunta do CGAC e do Museo Centro Gaiás, e no da Deputación de Pontevedra co seu programa de performances “#ViolenciaZero”.

Durante toda a feira tamén poderá visitarse a exposición “Continuo”, de Alberto Pena, unha instalación pictórica que cubrirá prácticamente a totalidade da parede expositiva.

Tampouco faltará o cinema, tanto con filmes que teñen percorrido como os que chegan a Culturgal antes que ás salas de cinema. É o caso da película de Ángeles Huerta “A corpo aberto”. O público poderá ver o filme e conversar coa realizadora e o seu equipo, con actores como Tamar Novas.

Tampouco faltará o cinema, tanto con filmes que teñen percorrido como os que chegan a Culturgal antes que ás salas de cinema. É o caso da película de Ángeles Huerta “A corpo aberto”. O público conversar co equipo, con actores como Tamar Novas

decoration

A carteleira continuará con diferentes xéneros durante todo o fin de semana, con filmes como “Valentina”, de Chelo Loureiro, “Unicon Wars”, de Alberto Vázquez, ou “Eles transportan a norte”, de Samuel L. Delgado.

Culturgal tamén programa espectáculos especiais nas noites dos días 25 e 26. Nova Galega de Danza “pon ao límite a linguaxe corporal”, avanza a organización, na peza “Credo” e Daniel Rodríguez presenta na Culturgal “A raiz de”.

E o sábado 26 a feira celebra o seu cumpleanos con festival con “catro propostas rebordantes de enercía e talento, ao vivo, no escenario do Pazo”, destacan as mismas fontes, as de Antía Muíño, Néboa, Berto e Grande Amore.

A feira abrirá para o público en xeral o venres 25 e sábado 26 de 11 a 21 horas e o domingo 27 de 11 a 20. As entradas poden mercarse en venda anticipada en cultur.gal a prezos entre 4 euros os adultos e 3 nenos ata 16. Os menors de 3 anos entran de balde

decoration

A deputada provincial de Cultura e Igualdade, Victoria Alonso, o secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a concelleira de Cultura de Pontevedra, Carme Fouces, acompañaron esta mañá á directora na presentación da feira en representación das institucións patrocinadoras, ás que se suma nesta edición a Deputación da Coruña.

A feira abrirá para o público en xeral o venres 25 e sábado 26 de 11 a 21 horas e o domingo 27 de 11 a 20. As entradas poden mercarse en venda anticipada en cultur.gal a prezos entre 4 euros os adultos e 3 nenos ata 16. Os menors de 3 anos entran de balde. Tamén haberá abonos e packs familiares.

Compartir el artículo

stats